Luns, 21 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O alumnado do IES Antón Alonso Ríos mergúllase na ciencia

O IES Antón Alonso Ríos segue a dar pasos para achegar ao alumnado un espazo motivador no que compartir intereses, xerar experiencias motivadoras que fomenten a investigación e que esperte vocacións científicas.

Oia acolle o seu primeiro torneo de petanca

O Club de Petanca “O Caldeiro” xunto co Concello de Oia organizan este sábado 6 de maio na Eira do Convento un torneo de petanca co obxectivo de dar a coñecer ese deporte e animar á veciñanza a practicalo. En caso de choiva, a actividade trasladarase a unha nova data.

Moito humor para que a rapazada rosaleira aprenda a facer un bo uso da auga

O programa ‘Primavera na Praza’ continúa esta fin de semana no Rosal cunha nova actividade coa que “continuar compartindo espazos de lecer, de convivencia e de encontro social para gozar do noso concello”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Aprazada pola chuvia a Feira de Cultivos do Baixo Miño

A Feira de Cultivos do Baixo Miño adáptase ás circunstancias e ponlle ao mal tempo boa cara. Por mor das chuvias e das malas condicións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días, a cita aprazarase unha semana pero manterá a súa ampla programación.

Raquel Queizás presenta mañá en Tui un contacontos

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá mércores, 3 de maio, ás 18 h unha actividade de contacontos a cargo de Raquel Queizás co seu espectáculo “O eco das pedras”. Esta actividade combina narración oral con manipulación de obxectos, monicreques e proxeccións.

Nova saída do grupo de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal

O Rosal organiza esta fin de semana unha nova saída do seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza, un encontro que “un impacto moi positivo no noso concello grazas ao seu labor e que nos permite ao mesmo tempo fomentar a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e dos espazos naturais nos que se goza de tempo de lecer”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Os fondos Next Generation permitirán rehabilitar o conxunto histórico de Tui

O Concello de Tui recibirá 2 millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD, “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”.

A III Carreira Revirando chega á Guarda o vindeiro 14 de maio

Esta semana, a Casa dos Alonso acolleu a presentación da III edición da Carreira Revirando A Guarda, acto que contou coa presenza do alcalde da vila, Antonio Lomba; da concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; da deputada Provincial, Raquel Giráldez e de representantes da organización desta carreira e da Xunta de Galicia.

Vermú entre plantas con música en directo na Feira de Cultivos en Tomiño

A Feira de Cultivos do Baixo Miño continúa sumando novidades para celebrar un evento renovado no que os público poderá gozar de diferentes actividades de lecer, como sesións vermú entre plantas con música en directo.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de maio

O vindeiro martes día 2 de maio de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de maio de 2023.

O martes abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

O próximo martes, 2 de maio, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2023 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse catro quendas nos meses de xullo e agosto.

O Cross de Pedornes volve o 13 de maio como carreira infantil

O Cross de Pedornes volve tras un parón de 27 anos sen celebrarse, cunha nova edición dirixida especificamente aos máis pequenos e pequenas do Baixo Miño e Val Miñor. Esta carreira pedestre infantil celebrarase o próximo 13 de maio con un total de 6 categorías para nenos nados entre o 2010 e o 2022.