Venres, 18 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tui ofrece visitas guiadas ao seu arquivo municipal

O xoves, 8 de xuño, haberá unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui, con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas

O Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

Concerto en Tomiño dos participantes do Música Nova

Mozos e mozas participantes no proxecto Música Nova da Eurocidade Cerveira-Tomiño prepáranse para unha actuación única no prestixioso Museo Serralves do Porto ao abeiro da celebración anual do ‘Serralves en Festa’.

Tui contra o tabaco

Hoxe, 31 de maio, é o Día Mundial Sen Tabaco, promulgado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1987, co obxectivo de informar e concienciar sobre os efectos nocivos e letais do consumo de tabaco e da exposición pasiva ao fume desta substancia.

A comunidade de montes de Oia ofrece visitas guiadas en xuño

A comunidade de montes de Santa María de Oia, a través do seu proxecto da Casa Forestal, vén de poñer en marcha un ciclo de actividades sobre os curros, co obxectivo de contribuír a divulgar esta tradición tan arraigada na Serra da Groba. Dentro desta programación ofreceranse visitas guiadas os días 3 e 10 de xuño.

O centro de día de Tomiño organiza dúas xornadas de portas abertas

O Centro de Día de Tomiño abre as súas portas á veciñanza. Os vindeiros xoves 1 e venres 2 de xuño, o centro acolle un amplo programa de actividades abertas a toda a comunidade coas que queren animar a tomiñeses a coñecer aos seus usuarios e o traballo que realiza o seu equipo de profesionais.

Voluntarios medioambientais do Rosal preparan unha nova saída en Fornelos

O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.

Tomiño prepárase para acoller un tramo da I Volta Ciclista ó Baixo Miño

Tomiño prepárase para acoller un tramo da primeira edición da Vota Ciclista ao Baixo Miño, unha proba organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto dos concellos da comarca, dirixido a deportistas Élite e Sub 23 e puntuable para o ránking nacional e a Copa Galicia nestas dúas categorías.

Tui traballa para facer as instalacións municipais máis accesibles

Facer que as instalacións municipais sexan accesibles para todas as persoas independentemente das súas particularidades físicas, sensoriais ou intelectuais é o obxectivo do convenio que hai uns días asinaba o Concello de Tui coa Federación de Autismo de Galicia dentro do proxecto “Concello de Tui Accesible”.

Tui instalará a vindeira semana catro novas marquesiñas

O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano.

Unha unidade móvil de ADOS visitará Tomiño o vindeiro martes

Tomiño recibirá unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue a vindeira semana. O martes 30 de maio o autobús da axencia situarase na rúa Daniel Calzado Poceiro durante toda a xornada.

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con feira de artesanía

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e que coa se inaugura a programación de verán.