22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui contra o tabaco

    Tui contra o tabaco

    Hoxe, 31 de maio, é o Día Mundial Sen Tabaco, promulgado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1987, co obxectivo de informar e concienciar sobre os efectos nocivos e letais do consumo de tabaco e da exposición pasiva ao fume desta substancia.

    Por este motivo o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, está levando a cabo uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 6 de Primaria nos CEIP’s de Guillarei, no Nª 2  e no Colexio Maristas Santa María.

    Nestes obradoiros o alumnado recibe información sobre os efectos nocivos do tabaco, e elaboran unhas cartas dirixidas a persoas fumadoras, animándoas a deixar o tabaco, ou agradecendo o esforzo a aquelas que foron quen de deixar este hábito. Unha selección destas cartas serán publicadas na  revista “Aprende a escoitalos” que edita este servizo.

    O alumnado recibe tamén nestes obradoiro un material complementario da Asociación Española contra o Cancro, no que se incide no consumo de Cigarrillos electrónicos. Os novos dispositivos para fumar, son unha moda perigosa entre os máis novos, o consumo de cigarros electrónicos entre os estudantes de 14 a 18 anos sitúase no 22,8 %. O seu uso pode ser a porta de entrada ao consumo de nicotina. Ademais, mais do 77 % dos estudantes que fumaron tabaco recoñecen ter vapeado.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.