Venres, 18 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O grupo xuvenil da Escola de Teatro de Tomiño levanta o pano para despedir o curso

O grupo xuvenil da Escola de Teatro de Tomiño remata o curso levantando o pano. O alumnado de 13 a 18 anos subirase este domingo 18 de xuño ao escenario para interpretar ‘Menuda veciña!’, unha obra coa que os mozos que participan nesta escola municipal demostrará todo o aprendido ao longo destes meses de clases e ensaios.

A Guarda adxudica as obras de mellora da mobilidade da rúa Coruña e camiño escolar do CEIP Sinde

O Concello da Guarda continúa coa mellora de viais públicos da localidade. Nesta ocasión adxudicou a primeira fase das obras de mellora da mobilidade na rúa Coruña por unha contía de 316.969 € e o camiño escolar seguro para o CEIP Manuel Rodríguez Sinde por unha contía de 244.149 €.

Tui ten menos de mil persoas en paro por primeira vez en quince anos

Por primeira vez en quince anos, o número de persoas desempregadas en Tui descendeu por baixo da barreira das 1000, segundo os datos correspondentes ao mes de maio de 2023. En concreto o paro situouse nas 989 persoas o mes pasado, diminuíndo en 98 persoas con respecto a abril.

Divertido escape room no Rosal en xuño

O Rosal énchese de enigmas e desafíos. O vindeiro mércores 28 de xuño, a Praza do Calvario acollerá un divertido escape room, unha actividade de balde ao aire libre que levará a todas as persoas participantes a percorrer a contorna na procura de adiviñanzas e probas coas que conseguir rematar un circuíto que abarca dende A Soberbia ata o Campo da Feira.

Tomiño renova o seu convenio coa Agrupación Musical de Goián

Tomiño mantén o seu compromiso coa Agrupación Musical de Goián. O Concello vén de asinar por terceiro ano consecutivo coa Asociación Sociocultural de Goián un convenio de 25.000 euros co que se subvencionará a actividade anual da Escola de Música e da propia agrupación musical.

As artes escénicas saen á rúa no Rosal para acadar ‘Violencia Zero’

Empregar as artes escénicas para reivindicar a igualdade de xénero, concienciar sobre o problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta lacra da sociedade.

O 6×6 volve esta fin de semana a Oia

A iniciativa 6x6 Punto de Encontro chega esta fin de semana a Oia coas súas innovadoras propostas arredor da arte e a cultura. Teatro, danza, música e canto serán os protagonistas dun evento festivo que, organizado polo Concello de Oia e baixo a dirección de Alfredo Rodríguez (A Artística), contará con actividades para todos os públicos.

Oia participa de novo na Festa da Flor

Oia volve a participar na Festa da Flor da localidade portuguesa de Oiã, que se celebrará o próximo 25 de xuño. Despois de varios anos sen que o encontro entre ambos pobos irmáns se puidese desenvolver por mor da covid, as dúas localidades retoman os contactos presenciais neste 2023.

A Aloiada 2023 volverá a unir o Galiñeiro, o Monte Aloia e o Río Miño

Máis de 120 alumnos dos centros educativos de Tui van participar este xoves 15 e venres 16 de xuño na Aloiada 2023.

A Guarda completa a casa dos Alonso como sede do Concello

O Concello da Guarda realizou obras durante o ano 2022 para rematar a terceira planta do edificio municipal con cargo ao plan concellos da Deputación de Pontevedra por valor de 141.000 €.

Tomiño pon en marcha unha nova xornada de adopción de cans e gatos

A OMIX do Concello de Tomiño pon en marcha unha nova xornada de sensibilización e adopcións de cans e gatos, un evento co que se busca concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar a adopción de animais de compañía.

Tomiño repite a súa particular Operación Triunfiño

Despois do grande éxito da primeira edición, a OMIX de Tomiño pon en marcha de novo o seu Operación Triunfiño, unha experiencia musical única cun completo programa no que a mocidade poderá aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica e ampliar o seu repertorio.