Venres, 16 Maio de 2025

O Baixo Miño

Unha aplicación informática fará máis eficiente a xestión das avarías no alumeado público da Guarda

O martes día 17 de setembro o Concello da Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio.

Oia adxudica a redacción do PXOM

O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, SLU, por un importe de 114.783,77 euros. O acordo adoptouse na sesión plenaria do pasado 5 de setembro, co voto a favor do Partido Popular e coa abstención dos grupos do PSOE e BNG.

Tomiño organiza as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’

Entre o luns 23 de setembro e o venres 27 de setembro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tomiño acollerá as 'Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas' organizadas polo Concello tomiñés.

A Guarda celebra, o 23 de setembro, a Romaría de Santa Trega

O vindeiro luns día 23 de setembro (festivo local), A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

A alcalesa do Rosal reúnese co subtenente da Garda Civil da Guarda para tratar temas relativos a seguridade e tráfico

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Germán Fernández, mantiveron unha reunión co subtenente da Garda Civil do posto da Guarda, Eligio Rivas, para tratar temas relativos tanto a seguridade cidadá coma a tráfico.

‘Emprega Tui’ pon en contacto a demandantes de emprego e empresas

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados. Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE.

Tomiño recoñece a contribución de José María Gude como mestre e na recuperación da cultura e tradicións

Afincado en Tebra,ex mestre de Tomiño no CEP Pedro Caselles, José Mª 'Pepe' Gude, foi homenaxeado polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado odomingo na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio 2019. Decenas de persoas congregáronse na Praza do Seixo para asistir ao Acto Cívico ideado, hai algo máis dunha década, polo goberno local para recoñecer os méritos de aqueles e aquelas "que contribuíron a facer de Tomiño un lugar mellor".

O Rosal comeza o programa #Reactívate que, como novidade, oferta clases de ioga

O Concello do Rosal vén de dar a coñecer as actividades que, neste ano, desenvolveránse ao abeiro do programa #Reactívate. Esta iniciativa inclúe clases de pilates, pintura, restauración, zumba, zumba gold, tenis, axilidade mental e, este ano como novidade, ioga.

A Guarda acolle, este domingo, a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza»

A Comunidade de Montes de Camposancos en colaboración co Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, o Concello da Guarda, a Entidade Local Menor de Camposancos e a Deputación de Pontevedra, organizan o domingo día 22 de setembro a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza».

Oia avanza na actuación do camping ‘Pedra Rubia’ para usos deportivos e de lecer

O Concello de Oia avanza na actuación que suporá a compra dos terreos do antigo camping Pedra Rubia, situado na zona do Aguncheiro (Mougás), co obxectivo de recuperar este enclave con usos como zona de esparcemento, usos deportivos e de lecer.

A Guarda repara a esfera da emblemática ‘Torre do Reló’

O pasado venres, 13 de setembro, comezaron os traballos de mantemento e reparación do 'reló' que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda. Formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto.

Tui inviste case que 76.000 euros nos novos vestiarios e baños do ‘Álvarez Durán’

As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses. Máis polo miúdo o concello tudense investiu preto de 70.000 euros do Plan Concellos na renovación dos vestiarios e 6.000 euros de fondos propios na renovación dos baños.