Sábado, 13 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Calidade de ensino no rural de Tomiño

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas o día 3 de marzo en horario de mañá e tarde (10:00 h a 13:00 h e 16:00 h a 18:30 h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer en valor a escola rural como modelo educativo. Tamén é posible visitar o centro outro día, pero chamando para concertar cita (986 622 775).

Douscentos trinta escolares tudenses, na derradeira proxección deste curso de «O Cine nas aulas»

Esta mañá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa 'O Cine nas aulas' desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui. Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta. María, acudiron á proxección.

O Camiño Portugués pola Costa confírmase como a ruta Xacobea de maior crecemento

A Oficina do Peregrino, encargada da elaboración das estatísticas das e dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostelá ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela, vén de confirmar o espectacular crecemento do Camiño Portugués pola Costa que pechou o 2019 con 22.291 peregrinos, o que supón un incremento dun 61% respecto ao 2018 (13.841 persoas).

Oia traslada á igrexa de Santa María unha lápida sepulcral do século XIII

A lápida dun abade do Mosteiro de Santa María de Oia que permanecía nun pequeno alpendre do barrio do Arrabal e reempregada como lintel, xa descansa na igrexa do conxunto monacal. A estrutura foi trasladada este martes ao seu lugar definitivo nun proceso que contou con supervisión arqueolóxica a fin de garantir a integridade e conservación do ben.

A Deputación remata a instalación dunha barreira de seguridade na estrada Tebra-Cristelos, en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10 euros, resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos.

«Tui é un amor. Namórate de Tui», campaña para promocionar a cidade e o comercio local

'Tui é un amor. Namórate de Tui' é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados. A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Tomiño incrementa nun 30 % o orzamento para o Servizo de Axuda no Fogar

Tomiño aposta por un modelo de Servizos Sociais Comunitarios de atención primaria no ámbito da proximidade no que a prioridade sexan os propios veciños e veciñas, un modelo no que o Servizo de Axuda no Fogar ten cada ano un papel máis protagonista. Por este motivo, o Concello incrementou en máis dun 30 % a partida orzamentaria destinada a este servizo para este ano, o que suporá un investimento total de 600.000 euros

A Guarda abre a inscrición para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública

Despois da aprobación por parte da Corporación guardesa no pleno celebrado o venres 31 de xaneiro, o Concello da Guarda porá autobuses a disposición da cidadanía para asistir á manifestación. Dende este luns todos os veciños e veciñas interesados en asistir a dita concentración, poden acudir á Alcaldía ou chamar ao 986 610 000 (Alcaldía) para reservar á súa praza para o autocar que os levará a Santiago de Compostela na mañá deste domingo día 9 de febreiro.

O PSOE de Tomiño habilita un autobús para á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza que, o vindeiro domingo 9 de febreiro, poñerá un autobús gratuíto para que, aqueles e aquelas que o desexen, poidan acudir en Santiago á manifestación convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública contra o deterioro da Atención Primaria, o desmantelamento dos Hospitais Públicos, as interminables listas de espera e a precariedade dos traballadores e traballadoras.

O Rosal solicita incluir as sobreiras da Ermida da Madalena no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

O Concello do Rosal, en colaboración coa Comunidade de Montes de Eiras, solicitará que o conxunto de sobreiras da Ermida da Madalena sexan incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, un rexistro público no que se inclúen todos aqueles exemplares e formacións que se considera que deben ter unha protección especial polas súas excepcionais características.

Tomiño e Cerveira promoven de xeito conxunto as súas Axendas Culturais de Primavera

Por primeira vez os municipios fronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira veñen de editar axendas de primavera que comparten similitudes no deseño e tamaño, incluíndo asemade, contidos compartidos, con actos que se celebran ao outro lado da Raia.

Oia abre a inscrición para o obradoiro de Teatro gratuíto

As clases, totalmente de balde, desenvolveranse os venres de 19 h a 21 horas no Centro Cultural de Pedornes.