Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Máis de 200 persoas na concentración reivindicativa do Día Internacional da Muller na Guarda

A Guarda conmemorou a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2020, con diversas actividades que se iniciaron na xornada do pasado venres día 6 de marzo cunha charla coloquio e posterior proxección de 'Unha moza volta para casa soa de noite' de Ana Lily Amirpour, e continuaron onte domingo cun cun Obradoiro de Biodanza 'Danzando pola Igualdade', impartido por Sara Rodríguez.

Pamela Pérez e Daniel Pazó, primeiros líderes da recen creada ‘Pontevedra Trail League’

Tras a disputa do 'III Trail Muíños do Folón', Pamela Pérez e Daniel Pazó convértense nos primeiros líderes da 'Pontevedra Trail League', unha competición que se estrea dentro da modalidade de trail. Ademais da proba do Rosal, tamén puntuará a do 'Románico' e o 'Trail do Tegra' que se celebrarán ao longo da tempada. A liga constitúe un novo aliciente para os deportistas e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

O campo do Alivio, en Tomiño, luce o mural de Genma Marqués dedicado á veciña máis lonxeva da vila

O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos. Estes comezaron xa este pasado venres coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador 'Sara da Pisca', tomada pola fotógrafa Pily Reñones.

Catro interesantes propostas no calendario de Andainas de Primavera 2020 da Guarda

O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020 que constará dun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño. As andainas, organizadas conxuntamente polo Concello guardés e Câmara Municipal de Caminha, teñen o obxectivo de dar a coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

A Guarda prepara as primeiras ‘Xornadas sobre Saúde e Benestar’

O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar. A proposta 'I Xornadas sobre saúde e Benestar' permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.

Tui reclama igualdade real e efectiva coa campaña ‘Somos e seremos Inmarcesibles’,

A praza do Concello acolleu hoxe o acto institucional da campaña 'Somos e seremos Inmarcescibles' para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller. A lectura dun manifesto, poesía e a presentación dalgunhas das Mulleres Senlleiras 2020 centraron un evento que contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez; membros da Corporación municipal, representación de distintos centros educativos e público en xeral.

Visita guiada e andaina, no Día da Muller de Oia

O Concello de Oia programa, este ano, dúas actividades para conmemorar e celebrar o Día da Muller. Este sábado día 7 de marzo haberá unha visita guiada de temática feminina, mentres que para o domingo 15 organizase a Andaina pola Igualdade que percorrerá a nova ruta circular do Mosteiro.

Mostra de Cultivos de Tomiño, “máis profesional para as empresas e máis participativa e dinámica para o público”

A Mostra de Cultivos do Baixo Miño chega á súa décimo séptima edición renovada e con moitas novidades no peto. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a mostra celebrarase os vindeiros 13, 14 e 15 de marzo no pavillón municipal de Goián tras un intenso esforzo por “reinventarse” e por ofrecer un amplo e atractivo programa tanto para profesionais como para público xeral.

A ‘III Festa dos Callos de Tomiño’ despachará, este domingo, máis de 3.600 racións

O Tomiño F.C. organiza o vindeiro domingo, 8 de marzo, a terceira edición da Festa dos Callos, unha festa gastronómica nacida co fin de recadar fondos para o club, e á vez ampliar a oferta de actividades da axenda da vila. O éxito das anteriores edicións fixo que a organización teña incrementado tanto os quilos de produto coma o número de racións.

O Rosal pon en marcha un ciclo de charlas para que “a reciclaxe non soe a chino”

O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino’, unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe.

Obras na rúa Galicia da Guarda, un paso máis na accesibilidade e mobilidade peonil

O Concello da Guarda deu inicio, esta semana, ás obras dunha das 'Áreas de Actuación' comprendidas no 'Plan de mellora da Accesibilidade na vila da Guarda' que abarca o treito da rúa Galicia comprendido entre o cruce con República Dominicana e o cruce con Concepción Arenal.

O Rosal chama á veciñanza á creación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

"Logo do deterioro progresivo dos servizos sanitarios de atención primaria no municipio", o Concello do Rosal vén de a todo o asociacionismo, partidos políticos, sindicatos, persoal sanitario, Comunidades de Montes, Comunidades de Augas e veciñanza en xeral a participar este venres 6 de marzo na creación dunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que teña como obxectivos “denunciar as carencias de atención primaria e reivindicar os servizos sanitarios que nos corresponden”.