Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Conferencia “Música no final do Camiño” de Juan Pedro Durán Alonso o martes 1 en Tui

O próximo martes, 1 de setembro, ás 20 h terá lugar na Área Panorámica a conferencia “Música no final do Camiño” a cargo de Juan Pedro Durán Alonso. Forma parte do Ciclo Facer Camiño, actividade complementaria da exposición itinerante de mesmo nome, coordinada pola Academia Galega de Belas Artes, coa colaboración da Xunta de Galicia e que se pode visitar na Sala Municipal de Exposición en Tui estes días.

Tralas obras acometidas pola Deputación, o punto limpo da Guarda xa está preparado para a reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos

A deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitou as obras acometidas no punto limpo da vila, ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación de Pontevedra. A actuación, cun orzamento total de 53.588,06 euros entre obras e subministracións, permitiu adaptar o punto limpo co obxectivo de acondicionalo de cara a recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos.

A posta en valor da senda botánica e mellora do parque infantil de Circos, dous atractivos para potenciar o turismo sostible no Monte Aloia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, salientou onte que a posta en valor da senda botánica e a mellora do parque infantil en Circos son dúas actuacións que potenciarán o turismo sostible e os valores naturais do Monte Aloia. A conselleira de Medio Ambiente visitou onte estas zonas do primeiro parque natural declarado na Comunidade, nas que se levarán a cabo dúas actuacións para a mellora e posta en valor e que veñen de ser adxudicadas por un importe de 30.000 euros.

O Concello da Guarda continúa a traballar no seu Programa de compostaxe doméstico

No ano 2014 o Concello da Guarda puxo en marcha un programa de compostaxe doméstica co obxectivo de fomentar a reciclaxe da materia orgánica para facer unha xestión de residuos máis sostible e aproveitar este recurso para obter compost, materia orgánica estabilizada que serve como abono para os cultivos.

Reapertura das Pistas Municipais de Tenis de Areas

Hoxe xoves, 27 de agosto, ás 12.00 horas, realizarase o acto de reapertura das Pistas Municipais de Tenis de Areas, tras as obras de remodelación levadas a cabo na instalación.

‘Pangea’, o concerto de Abraham Cupeiro e a Banda de Goián na Praza do Seixo

Nova cita musical en Tomiño. Este venres 28 ás 21.30 horas a Praza do Seixo acollerá ‘Pangea’, un evento musical creado por Abraham Cupeiro que nesta ocasión contará coa colaboración da Agrupación Musical de Goián para participar nun proxecto no que o planeta é o gran protagonista, un planeta que se debe coidar e ter moi presente na actualidade que se está a vivir. A entrada será de balde pero para poder acudir ao concerto é preciso facer reserva previa a través do teléfono 986 622 001 ou do correo electrónico [email protected].

Rematadas as obras executadas ao abeiro do Plan Concellos 2018 e 2019

O Concello de Tui ten rematadas ou a piques de facelo as obras executadas ao abeiro do Plan Concellos 2018 e 2019 da Deputación de Pontevedra. Así por unha parte o Concello de Tui ven de rematar as obras de asfaltado no barrio da Malladoura en Baldráns, actuación que contou cun importe de 49.476,68 euros e que estaba incluída no Plan Concellos do ano 2018. Tamén formaba parte do Plan Concellos do 2018 o acondicionamento das pistas de tenis de Areas por importe de 64.245,22 euros que veñen de ser recepcionadas.

Cumprimento do horario de peche na fin de semana en Tui

A vixilancia do cumprimento do horario de peche na hostalería centrou a actuación da Policía Local na fin de semana. Dende o corpo salientan o cumprimento por parte dos diferentes locais sen rexistrarse incidencias e salientando que na súa totalidade cumpriron coas medidas establecidas ante a COVID 19.

A Guarda despide o mes de agosto cunha chea de propostas para todas as idades

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia da Covid-19.

Comezan as obras de acondicionamento do acceso ao aparcamento Xulio Sexto

O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.

O programa ‘Medrando…’ segue achegando aos fogares recursos educativos e de crianza en formato online

Continuando coa liña de actuación impulsada durante o confinamento polo Departamento de Benestar e Educación Familia, o Concello de Tomiño segue apostando por achegar a todos os fogares diferentes recursos e orientación para a crianza dos seus fillos e fillas a través do formato online. Faino co programa ‘Medrando...’, que recolle na web municipal novos servizos impulsados a través de dúas iniciativas diferenciadas por idades, ‘Medrando En Familia’ e ‘Medrando Espazo Xoven’, coas que se busca dar resposta ás necesidades tanto das familias con nenos e nenas na casa como da propia mocidade.

A Guarda mellora o subministro de auga na zona da Depuradora

Operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. da Guarda. Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros.