Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Na comarca do Baixo Miño, catro concellos reciben achegas da Deputación para fomentar a igualdade e previr as violencias machistas

A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.010 euros a catro concellos da comarca do Baixo Miño coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.

Música na rúa cos grupos Seixos Albos de Areas e Santa Columba de Ribadelouro

A nosa música tradicional segue a soar durante as fins de semana polas rúas de Tui dan man dos distintos grupos folclóricos e bandas de gaitas do municipio. Hoxe sábado será a quenda do grupo Seixos Albos de Areas e o domingo do grupo Santa Columba de Ribadelouro. Estas dúas agrupación actuarán a partir das 21 h.

Obradoiro de compostaxe para nenos e nenas o venres 4 en Tui

O próximo venres, 4 de setembro, ás 10.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira unha obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Para participar é preciso inscrición previa en [email protected] ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.

O Concello arranxa a ponte do Urgal tras obter os permisos da Confederación Hidrográfica

O Concello do Rosal rematou esta semana o arranxo da ponte do Urgal, unha ponte situada no río Carballas que amosaba un importante deterioro dende hai tempo e que estaba pendente de recuperación tras solicitar os permisos necesarios á autoridade competente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O programa Tic Emprendes da Deputación chega a Oia para impulsar a formación de “Guías de itinerarios en bicicleta”

O Concello de Oia acollerá unha das 26 accións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en toda a provincia no marco do programa de inserción laboral Tic Emprendes. A actividade profesional elixida neste municipio, de acordo coas necesidades expresadas nunha enquisa entre a poboación obxectivo, é a de guía profesional para itinerarios en bicicleta, polo que as persoas participantes obterán a formación e a capacitación necesarias para desempeñala.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia volverá visitar O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

A posta en valor dos petróglifos de Randufe permitiu descubrir novos gravados

Un total de catorce rochas con petróglifos realizados dende o Neolítico á época moderna conforman o conxunto situado no Alto do Coello, Fontiñas e Rozacús, en Randufe. Nun proxecto do Concello de Tui, financiado pola Deputación de Pontevedra, e coa colaboración da Comunidade de Montes de Randufe, a empresa Árbore Arqueoloxía e Restauración levou a cabo a súa limpeza a posta en valor.

Tomiño acolle a exposición ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’

Tomiño é a nova parada da exposición itinerante ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’, unha mostra que transportará ao público as dúas marxes do río con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos e que poderá visitarse dende o 29 de agosto ata o 13 de setembro no Mercado de Tomiño.

As instalación municipais de tenis en Areas contan agora con tres pistas dobres

Está mañá tivo lugar a reapertura oficial das pistas municipais de Tenis situadas en Areas tras as obras de remodelación realizadas, que supuxeron un investimento de 53.095,22€ con cargo ao Plan Concellos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que con esta actuación dáse cumprimento a unha vella demanda do Club Tenis Tui en canto á mellora das instalacións. Avanzou tamén que o gran reto de cara ao futuro é a execución dunha área multideporte nun emprazamento axeitado. O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacou a actuación realizada nestas pistas empregadas polo Club Tenis que desenvolve a súa actividade dende 2012 e que conta na actualidade con 60 deportistas federados. Referiuse amais as obras que se están a executar tamén nos pavillóns municipais, no centro municipal de Remo, ou no Campo de Fútbol Álvarez Durán, dentro do obxectivo xeral de reformar as instalacións deportivas municipais. O presidente do Club Tenis Tui, Pablo García, agradeceu a intervención realizada destacando as características das pistas das que dicía “teñen un bote perfecto”, e engadindo que son “o acicate que nos faltaba”. Ao tempo convidou a practicar esta disciplina deportiva. A actuación realizada consistiu na ampliación das instalacións co que se pasa a contar con tres pistas dobres, que foron pintadas en resina especial deportiva de 5 capas. Para posibilitar a ampliación foi preciso o traslado dos báculos de iluminación, e está previsto o cambio das luminarias a tecnoloxía led. Amais foi colocado un novo valado perimetral, e reubicouse a caseta destinada a vestiarios. Nun futuro próximo está prevista a colocación dun novo módulo para ser empregado coma oficina e almacén.

O Concello de Tui acredita as súas instalación para impartir cinco novos certificados de profesionalidade

O Concello de Tui vén de recibir a acreditación, por parte da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral para poder impartir nas súas instalacións, no Centro Municipal de Formación, cinco novos certificados de profesionalidade.

Tomiño continúa ampliando a súa rede de compostaxe para unha mellora na xestión do lixo

O Concello de Tomiño continúa ampliando a súa rede de compostaxe coa entrega este xoves, ao abeiro da segunda fase do Revitaliza da Deputación de Pontevedra, de 30 novos composteiros individuais (COIN) a veciños e veciñas que os tiñan solicitado hai tempo. Con esta segunda remesa xa hai repartidas 60 unidades das 3.000 previstas ata final de ano, acción que se complementará, entre outras, coa instalación de 13 Centros de Compostaxe Comunitaria (CCCs) e a creación de puntos verdes onde a veciñanza poida depositar restos de poda que serán triturados in situ, deixando o triturado a disposición de quen queira usalo nos seus composteiros como estruturante.

A praza de Avelino Vicente congrega o Mercado Artesanal os dous próximos venres e sábados

Como a peche ao verán a Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda organiza o Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados desta última fin de semana de agosto e a primeira de setembro.