Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal e SOS Tomiño continúan a estreitar lazos

O Concello do Rosal e a asociación asistencial SOS Tomiño continúan a estreitar os seus lazos de cooperación. Este martes, a alcaldesa Ánxela Fernández reuniuse co presidente e vicepresidente desta entidade, José Quinteiro e José Gómez, para falar da situación actual que se está a vivir no municipio e na comarca do Baixo Miño a consecuencia da COVID-19.

O Paseo da Corredoira de Tui acolle esta fin de semana a Feira de Oportunidades ACITUI

A Casa do Concello de Tui acolleu no día de onte a presentación da Feira de Oportunidades que organiza ACITUI en colaboración co Concello de Tui. No acto estiveron presentes alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez e o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, Juan Carlos Blanco.

Aberta a inscrición para unha xornada de escalada no monte Santa Trega da Guarda

A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte Santa Trega. A actividade levarase a cabo en dous grupos, dependendo da idade das persoas participantes.

O CIM da Guarda viste setembro de teatro con ‘A nena que quería navegar’ e ‘Invisibles’

O Centro de Información á Muller (CIM) da Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de 'A nena que quería navegar' e 'Invisibles'. Para ámbalas dúas representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 ou acudindo ata o propio Centro Cultural con anterioridade xa que o aforo é limitado.

A OMIX de Tomiño súmase á formación online

A OMIX de Tomiño adáptase aos novos tempos para seguir ofertando á mocidade da vila cursos formativos atractivos e adaptados á demanda formativa dos máis novos e novas. Deste xeito, a OMIX organiza para este mes de setembro catro cursos que se impartirán a través dunha plataforma e-learning cun titor que atenderá de xeito personalizado todas as consultas do alumnado. Unha das grandes vantaxes deste sistema é que permitirá a cada participante escoller o seu propio horario e facer o curso cando queira ao longo de todo o mes.

A Policía Local interveu nunha festa privada na madrugada do sábado, rexistrou unha alcoholemia positiva e propuxo dúas sancións polo non uso da máscara

Unha intervención nunha festa privada de madrugada, unha alcoholemia positiva e dúas propostas de sanción por non usar a mácara foron as principais actuacións da Policía Local de Tui na fin de semana.

Alberto Vilas sorprenderá ao público co seu concerto de piano no Espazo Fortaleza de Goián

Un marco incomparable para un concerto único. O recoñecido músico e compositor Alberto Vilas levará o seu piano ao Espazo Fortaleza de Goián o vindeiro sábado 5 de setembro para sorprender ao público cun concerto íntimo e persoal nunha contorna privilexiada, un auditorio natural ao aire libre no que o silencio é a nota predominante.

Dende hoxe 1 de setembro non será preciso solicitar cita previa no rexistro de entrada no Concello de Tui

O Concello de Tui anuncia que dende hoxe, día 1 de setembro, non será preciso solicitar previa no rexistro de entrada na Casa do Concello de Tui. As persoas que precisen presentar documentación por rexistro de entrada só terán que achegarse ata a casa do concello onde serán atendidos na entrada habilitada dende a fachada principal.

O BNG de Tui cualifica de “deficientes” as obras de mellora nas instalacións de tenis de Areas

O BNG vén de sinalar as carencias das obras realizadas no Clube de Tenis Tui, actuacións que cualifica de "deficientes" e que teñen que ver coa calidade das redes, dos tubos e mallas, algúns deles xa rotos ou deformados. Destas últimas, algunhas das que se sitúan no perímetro das instalacións nen sequera se atopan ben ancladas.

Obradoiro de Rap Improvisado na Guarda

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro mércores día 9 de setembro do Obradoiro gratuíto de Free Style en Galego, un obradoiro de Rap Improvisado que terá lugar de 11:00h a 13:00h.

A Guarda pecha este venres “Música nos Xardíns”

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

Baiona e Tomiño entre os municipios que recibirán axudas da Deputación para infraestructuras, emprego e actuacións de desenvolvemento sostible

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe novos investimentos para os concellos da provincia por case seis millóns de euros (5.916.722,25€). Da citada cantidade, 2,2 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos, 654.600 euros son para a contratación de 111 persoas no marco do programa de fomento de empregabilidade “O teu primeiro emprego” nos concellos, e os 3 millóns restantes permitirán a 43 municipios realizar obras de renovación sostible das instalacións de iluminación exterior ao abeiro das convocatorias do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do IDAE.