Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O CRA do Rosal, listo para a volta ás aulas

O Concello do Rosal traballa co CRA María Zambrano para unha volta ás aulas segura. Atendendo ao novo protocolo pola Covid-19, os operarios municipais remataron estes días os traballos de mellora e preparación das distintas unitarias, nas que se acondicionaron os espazos para poder acoller a todo o alumnado con seguridade e con todas as medidas de prevención necesarias.

O Concello da Guarda e o Centro San Xerome poñen en marcha o programa Merézome un respiro

O Concello da Guarda pon en marcha o proxecto MERÉZOME UN RESPIRO (Concilia covid), programa de Respiro familiar co que responder ás necesidades das familias con persoas con diversidade intelectual residentes no Municipio.

A Eurocidade, nunha publicación internacional sobre a contribución dos orzamentos participativos á redución dos efectos do cambio climático

A Eurocidade Cerveira Tomiño segue a achegar o seu gran de area en temas de vital importancia para a poboación, como o cambio climático. Nesta ocasión fíxoo colaborando co International Observatory on Participatory Democracy (OIDP) na elaboración dunha publicación internacional sobre as contribucións dos procesos de orzamento participativo á adaptación e mitigación dos efectos do quecemento global, unha valiosa ferramenta de análise e coñecemento para mellorar a forma na que os gobernos locais enfrontan o desafío do cambio climático.

O CIM da Guarda programa dúas sesións de teatro en setembro

O Centro de Información á Muller da Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de “A nena que quería navegar” e “Invisibles”. O venres 18 de setembro ás 21:00h terá lugar a representación teatral de “Invisibles”, unha obra dirixida ao público adulto e o sábado día 26 de setembro ás 18:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral de “A nena que quería navegar” ás 18:00h, unha obra dirixida ao público infantil.

Alba Grande trae ao Alivio contos para derretera a cera

Tarde de monicreques e teatro para toda a familia no Alivio. Este xoves 10 de setembro será a quenda de Alba Grande, que chegará...

O Consello da Infancia traballará para visibilizar datas importantes relacionadas coa igualdade e os dereitos humanos

O Consello da Infancia e Adolescencia, ‘Voces Novas’, xa ten marcado o seu calendario de traballo ata final de ano. A vintena de novos e novas integrantes do consello reuníronse esta semana no salón de plenos do Concello para falar sobre os proxectos a abordar neste último trimestre do ano, como o da posta en marcha de diferentes accións para visibilizar datas importantes relacionadas con aspectos como a igualdade ou os dereitos humanos.

O Concello de Tui acometeu obras de mantemento e conservación en todos os centros educativos con fondos propios e da Deputación

O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. O obxectivo foi dar resposta ás necesidades dos oito colexios tudenses incluídas as 6 unidades do Colexio Rural Agrupado, CRA, Mestra Clara Torres, distribuídas nas parroquias, e tamén da Escola de Musica e do Conservatorio de Grao Medio.

La Icónica aumenta a máis de mil euros o valor dos premios para as dúas xornadas de marcha nórdica e sendeirismo

Unha marcha nórdica en Galicia supón un aliciente especial. Así o poderán entender os participantes en La Icónica, o evento que se desenvolverá a última fin de semana deste mes de setembro en Oia, A Guarda e Tui como principais puntos de referencia, e que destinará máis de mil euros en premios. As inscricións están abertas na web laiconica.es e a organización dispuxo dun servizo de autobuses para que os participantes teñan todas as facilidades para afrontala e decidiu aumentar a contía dos agasallos debido a que se espera unha masiva afluencia de participantes. Non se aceptarán, por medidas de seguridade, máis de 200 rexistrados, polo que as prazas non son moitas.

O Alivio continúa este mércores con trucos de maxia pola igualdade

Maxia para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero. Con esa idea nace o espectáculo ‘Somos iguais na maxia’, unha actividade de animación para todos os públicos coa que o dúo artístico Eli e Ian chegan este mércores 9 a Tomiño dentro da programación especial do Alivio.

Feridos unha vintena de pasaxeiros dun autobús que bateu contra un cabalo en Oia

Unha vintena de persoas resultaron feridas como consecuencia dun choque entre un autobús e un cabalo na PO-552, ao paso polo concello pontevedrés de Oia. A maior parte dos feridos, os máis leves, foron trasladados nun autocar da mesma compañía ao centro hospitalario de referencia, mentres que os que presentaba lesións de maior consideración, en concreto sete pasaxeiros, foron evacuados en ambulancias aos diferentes hospitais da zona.

O Concello do Rosal ultima as obras de acondicionamento para o comezo do curso en colaboración co CPI Manuel Suárez Marquier

Co inicio do novo curso escolar á volta da esquina, operarios municipais e profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier traballan man a man para preparar os espazos interiores e exteriores do centro e adaptalos ás medidas de precaución e aos protocolos de prevención de contaxios por COVID-19 marcados nos últimos días pola Consellería de Sanidade. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse nos últimos días no Concello coa dirección do CPI para ultimar as necesidades do centro e coñecer como abordará os retos para este curso escolar somerxidos nesta nova realidade.

A Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animais

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de lanzar unha Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais que contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas de xeito gratuíto. O obxectivo da campaña é visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos