8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoNo Alivio como na casa este venres 11 con AcevedosDelgados

    No Alivio como na casa este venres 11 con AcevedosDelgados

    O grupo tomiñés ofrecerá un concerto na Praza do Seixo ás 22.30 horas. Reserva de entradas no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

    A programación especial do Alivio continúa este venres 11 con moita música. Será a de AcevedosDelgados, un grupo tomiñés que se subirá ao escenario para ‘contar’ cancións que os marcaron de algunha forma e tocar temas propios cos que sorprender e facer desfrutar ao público.

    A marabillosa voz de Davinia estará acompañada pola harmónica guitarra de Tito, con algunha sorpresa con forma de invitado: José García na percusión. Historias propias, impropias e alles coas que namorarán ao público.

    O concerto celebrarase na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes. Será de balde con reserva de entrada previa chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.