12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoAlba Grande trae ao Alivio contos para derretera a cera

    Alba Grande trae ao Alivio contos para derretera a cera

    A actriz ourensá chega co seu espectáculo este xoves 10 á Praza do Seixo (19 h). De balde con reserva de entrada no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

    Tarde de monicreques e teatro para toda a familia no Alivio. Este xoves 10 de setembro será a quenda de Alba Grande, que chegará a Tomiño co seu novo espectáculo, ‘Contos para derreter a cera’. A actriz e titiriteira ourensá sorprenderá cun espectáculo único do que o público non se perderá detalle. Será a partir das 19 horas na Praza do Seixo e con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.

    A actividade será de balde, aínda que será necesario reservar entrada previamente chamando ao teléfono 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.