Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Teatro, magosto e micro toponimia no programa da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, Tui, para outubro e novembro

A Asociación Cultural e Deportiva da Asociación Cultural e Deportiva 'Xuntanza' de Randufe, no Concello de Tui, vén de dar a coñecer o seu programa de actividades para os meses de outubro e novembro e no que o teatro, un magosto e unha charla sobre microtoponimia serán protagonistas.

Irlanda considera “inspirador” o modelo de recuperación do espazo público para as persoas de Tomiño

Un modelo “absolutamente inspirador”. Así cualificaron o traballo de recuperación do espazo público realizado en Tomiño a delegación do Goberno de Irlanda que estes días visitou o municipio para coñecer de primeira man os mecanismos de redución do tráfico e levar as recomendacións tomiñesas, adaptalas e aplicalas no seu país.

As socialistas de Tomiño denuncian a “inacción” do Goberno local ante a praga de moscas que invade o municipo

O grupo municipal socialista no Concello de Tomiño vén de insistir no que cualifica "falta de traballo, compromiso e acción" do Goberno local ante a nova oleada de moscas, case que unha praga, que está a sufrir a poboación tomiñesa.

O Rosal celebra a súa tradicional Festa do Outono do Pilar

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación especial, a súa tradicional Festa do Outono do Pilar, que se celebrará os días 11 e 12 de outubro na Praza do Calvario cunha morea de actividades para todos os públicos.

Tui e Versmold celebran dez anos irmandade

O acordo de irmandade entre Tui e a cidade alemá de Versmold goza de moi boa saúde tanto a nivel social coma institucional. Así quedou reflectido na viaxe que a pasada fin de semana realizaron a Alemaña o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e na que tamén participaron representantes do Tyde e veciñanza tudense.

“Voando nas Rías Baixas” aterriza hoxe na Guarda

O programa da Deputación de Pontevedra “Voando nas Rías Baixas” chega hoxe ata A Guarda. A andaina gratuíta para a observación de aves, que promove a institución provincial en colaboración con SEO Birdlife, desenvolverase no esteiro do río Miño e ten xa todas as prazas esgotadas.

A Guarda acolle a terceira sesión dos “Encontros en Familia” o vindeiro 10 de outubro

O próximo martes día 10 de outubro continúa na Guarda Encontros en familia coa terceira sesión “As condutas autolesivas – Prevención e intervención”. Nesta ocasión trataremos a importancia de previr situacións de lesións, traballando a súa prevención e fixando pautas para intervir axeitadamente neste tipo de casos.

Amizade, amor e liberdade en Tomiño co espectáculo ‘Duncan de palleiro’

O día a día na vida dun can, pero non dun can calquera, senón dun especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de palleiro.

Cerveira-Tomiño revalida o seu título das Olimpíadas Sénior

O equipo transfronteirizo Cerveira-Tomiño conquistou por cuarto ano consecutivo o trofeo Olympics4All ao abeiro das sétimas Olimpíadas Sénior, que reuniron estes días en Viana do Castelo a preto de 400 participantes de 14 equipos.

A Guarda acolle o sábado a proxección do filme “Valentina”

O Concello da Guarda continúa este sábado 7 de outubro as proxeccións da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O 40 % das persoas que realizaron o Camiño Portugués en setembro saíron dende Tui

Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño Portugués de Santiago. Representan o 40 % dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea.

Encontro cos veciños da rúa Malteses da Guarda o luns 9 de outubro

O vindeiro luns día 9 de outubro ás 19:30h o Salón de Plenos acolle un encontro cos veciños da rúa Malteses para expor o Proxecto Inicial de Rehabilitación desta rúa.