Xoves, 3 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño realizou 239 baleirados de fosas sépticas a través do seu servizo este 2020

O Concello de Tomiño ofrece desde febreiro de 2017 un servizo de baleirado de fosas sépticas para aquelas familias que aínda non puideron conectarse á rede de saneamento, que supoñen preto do 40% da poboación do municipio, un problema agravado pola dispersión da poboación nun territorio moi extenso (106 km2).

A Guarda avanza na recuperación do Patrimonio Histórico con “Cada palabra conta”

O Concello da Guarda ven de instalar no antigo salón de plenos e as antigas dependencias de alcaldía o mobiliario específico para albergar o novo Arquivo Municipal, que se atopa arestora repartido en dous edificios, o Centro Cultural de A Guarda e a antiga Casa Consistorial, o que permitirá unificar nun so espazo todos o documentos que o concello ten arquivados.

Cambio de horarios no Museo do Mar, MASAT, biblioteca e Oficina de Turismo da Guarda

Coa chegada das vacacións de Nadal o Concello da Guarda informa do cambio de horarios dalgúns servizos municipais coma o Museo do Mar, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega ou a Biblioteca Pública Municipal. Deste xeito dende o 24 de decembro e ata novo aviso o Museo do Mar e o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega) estarán pechados.

Un home faleceu despois de saírse da vía o coche no que circulaba en Tui

Un home perdeu a vida esta tarde tras sufrir unha saída de vía en Tui. O sinistro produciuse na A-55, concretamente no punto quilométrico 26, ao fío das 17:20 horas de onte.

A Deputación concede subvencións para actividades de Lingua a Tomiño e Oia no Baixo Miño e a Ponteareas, Mondariz, A Cañiza e Covelo no...

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións do Departamento de Lingua aos concellos de Tomiño e Oia no Baixo Miño e Ponteareas, Mondariz, Cañiza e Covelo no Condado-Paradanta.

Actividades culturais e de Nadal para rematar o ano na Guarda

Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, coa chegada das vacacións de Nadal para os mais cativos, incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”, que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro.

O Club Bádminton Tui felicita aos seus deportistas

O Club Bádminton Ponteareas organizou o último campionato galego federado o sábado no complexo deportivo Álvaro Pino. Participaron preto de sesenta deportistas das catro provincias galegas, un total de 10 equipos.

O Concello recupera a Fonte de Martín, no Camiño do Souto

O Concello do Rosal continúa coa recuperación de elementos patrimoniais históricos espallados por toda a localidade. Os operarios municipais acaban de rematar os traballos de recuperación da Fonte de Martín, unha instalación data de 1917 situada no Camiño do Souto, no antigo camiño de acceso aos Muíños do Folón.

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos estará no Rosal en xaneiro

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ao concello do Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión tanto de ciclomotores como de turismos. Esta unidade estará o mércores 20 de xaneiro no Pavillón Municipal e o horario de atención ao público será de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.

O Concello comeza as obras de recuperación de hábitats naturais no espazo Rede Natura nas Eiras

O Concello do Rosal acaba de poñer en marcha o proxecto de recuperación de hábitats naturais no espazo Rede Natura nas Eiras, unhas obras que comezaron a executarse esta mesma semana e que se prolongarán durante o ano 2021 coas que se busca dar un impulso á recuperación e posta en valor das ribeiras do Miño ao seu paso polo municipio.

Rematan as obras de mellora da Rúa Calvario na Guarda

O pasado mércores día 16 de decembro rematáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73. O alcalde da Guarda; Antonio Lomba, a tenente de alcalde; Montserrat Magallanes, e o concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Español, visitaron os últimos retoques destas obras xunto cos técnicos da empresa adxudicataria.

Tomiño continúa ampliando a súa rede de saneamento

O Concello de Tomiño continúa traballando por levar a rede de saneamento ao máximo número de vivendas posible, especialmente a aquelas máis achegadas á rede xa existente, onde resulta máis eficiente realizar a conexión.