Martes, 1 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño farase cun camión con guindastre para continuar implantando o plan de compostaxe

Tomiño continúa coa implantación do plan de compostaxe no marco do Revitaliza, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Estando previsto que no primeiro trimestre do ano conclúa xa o reparto dos composteiros individuais e a instalación dos comunitarios, o Concello decidiu levar a cabo a adquisición dun camión dotado con guindastre.

O PP de Tomiño lamenta que os orzamentos “sigan sen recoller as necesidades das parroquias”

O Partido Popular de Tomiño votou en contra dos orzamentos de 2021 porque ao seu entender son “un mero documento de funcionamento para o Concello, continuísta e que non recolle as necesidades que teñen as parroquias”.

O Concello continúa dando pasos para converter a praza de abastos nun mercado de excelencia

A obra acometerá melloras no solado do primeiro andar, concretamente procederase a substituír o actual solado por gres cerámico antibacteriano. Ademais realizarase o acondicionamento de dous postos.

A APP móbil do Concello da Guarda rexistrou máis dun milleiro de incidencias

O Concello da Guarda, a través do departamento de novas tecnoloxías, implementou fai 5 anos unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Android e IOS, que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía.

O PSOE de Tomiño pide que se lle dea voz aos comerciantes de Goián na peonalización da avenida Ordóñez

As conceleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa presentaron no Pleno da Corporación unha moción sobre a peonalización da Avenida Ordóñez en Goián, unha obra que, segundo as concelleiras "provoca un grande rexeitamento entre o comercio de Goián e na veciñanza el xeral".

II Foro de emprego Emprega Tui para promover o emprego e o emprendemento

Do 19 ao 21 de xaneiro vaise celebrar o II Foro de Emprego Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas. Realizarase cun dobre obxectivo de achegar coñecemento e recursos sobre o mercado laboral ás persoas que están na procura de emprego e de achegar man de obra cualificada e formada ás empresas que procuran persoal.

A Guarda reclama ás administracións fondos de urxencia para paliar o impacto económico negativo da pandemia

Hoxe día 15 de xaneiro celebrouse no concello da Guarda unha reunión de portavoces para valorar as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta e o seu impacto económico, sobre todo no sector da hostalería.

Tomiño rexeita o proxecto eólico da Serra da Groba

A corporación municipal do Concello de Tomiño aprobou no pleno municipal celebrado esta semana unha moción de rexeitamento do proxecto de parque eólico promovido pola Xunta de Galicia na Serra da Groba. Contou co voto a favor dos grupos municipais do BNG e o PSOE e a abstención do PP.

Tui inicia o Ano Santo coa exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”

A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende esta semana, e até o 10 de febreiro, a exposición 'De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d'. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia. As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.

O comercio e hostalería da Guarda pode pedir xa a devolución do 25 % da taxa da recollida de lixo

O Concello da Guarda aprobou no pasado mes de decembro a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Recollida do Lixo que permitirá aos comerciantes e hostaleiros da vila solicitar a devolución do 25 % da taxa do lixo.

O Concello merca tres timbais para o auditorio do Rosal

O Concello do Rosal acaba de adquirir tres timbais para o auditorio municipal que serán empregados por músicos rosaleiros e ensembles que actúen neste espazo e os precisen para os seus espectáculos.

Tomiño insta ao Goberno Central a apoiar a financiación da biblioteca municipal

O Concello de Tomiño aprobou no pleno celebrado este martes unha moción na que se insta ao Goberno Central a repoñer a partida orzamentaria comprometida co Concello de Tomiño para a construcción da biblioteca.