Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Tui renova ás súas instalacións deportivas grazas ao investimento de 210.000 euros con cargo al Plan Concellos

Os clubs deportivos e a comunidade escolar de Tui ven cumprida, grazas á Deputación de Pontevedra, unha reclamación que viñan facendo dende hai tempo: a mellora dos Pavillóns Novo e Vello, así como das pistas de tenis municipais do polígono de Areas. Para coñecer de preto as actuacións realizadas, que contaron cun investimento de máis de 210.000 euros, os deputados provinciais Santos Héctor, responsable da área de Cooperación, e Gorka Gómez, da área de Deportes, visitaron as instalacións acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

A importancia da emoción musical para educar centrará a segunda xornada da VI Semana da Educación

A segunda xornada da VI Semana da Educación de Tomiño versará sobre a conexión que existe entre a música e o cerebro, amosando a gran importancia que a emoción musical ten no ámbito educativo.

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Tomiño o luns 1 de febreiro

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ao concello de Tomiño o próximo luns 1 de febreiro. Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro e o horario para as doazóns será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

O Rosal atenderá exclusivamente ao público no Concello baixo o sistema de cita previa

Ante a actual situación sanitaria, con todos os municipios de Galicia en nivel de alerta máximo, o Concello do Rosal pasará desde este mesmo martes 26 de xaneiro a atender ao público soamente con cita previa. Poderá solicitarse chamando ao teléfono 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

O Rosal aprobará un Orzamento no que “prioriza ás persoas máis que nunca”

O Concello do Rosal aprobará este xoves 28 en pleno uns orzamentos reestruturado tendo en conta a nova realidade e “tecidos para aplicar políticas que prioricen máis que nunca ás persoas”. “As circunstancias que preceden e engloban os orzamentos para este 2021 obrigounos a reinventarnos para seguir proxectando, camiñando e progresando antepoñendo a saúde pública.

Arrancan as obras de mellora da accesibilidade na baixada á praia de Fedorento e na contorna do Estadio Municipal da Guarda

Este luns día 25 de xaneiro de 2021 iniciáronse os traballos de mellora da accesibilidade na baixada á praia de Fedorento na Guarda e na contorna do Estadio Municipal da Sangriña. O prazo de execución destas obras é de aproximadamente un mes e estes traballo contan cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda espera que o comezo das obras do enlace de Areas sexa o principio da culminación da Autovía Tui-A Guarda

En repetidas ocasións manifestouse desde o goberno municipal da Guarda que a obra máis importante para o futuro desenvolvemento da localidade é a Autovía Tui-A Guarda. Así mesmo a necesidade de rebaixar o tempo de viaxe ata a autoestrada A-55 para poder comunicarse máis rápido coa rede de autoestradas,

O xurista e activista Octavio Salazar inaugurará a VI Semana da Educación de Tomiño

A VI Semana da Educación de Tomiño prepárase xa para a súa VI edición, que se celebrará entre os días 8 e 11 de febreiro. A inauguración das xornadas correrá a cargo do xurista e activista Octavio Salazar, e a súa conferencia poderá ser acompañada de balde por streaming o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas.

A Xunta inxecta máis de 500.000 euros á hostalaría do Baixo Miño cun total de 260 axudas

A Xunta de Galicia aprobou case 260 axudas para o sector hostaleiro da bisbarra do Baixo Miño ao abeiro do seu Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería, aprobado a finais do pasado ano para paliar os efectos socioeconómicos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19 neste sector e outros afectados pola pandemia. Deste xeito, estase a inxectarlle máis de 500.000€ para superar a actual situación.

A Guarda promove o Proxecto Trega 2020+5 para recuperar e consolidar parte das excavacións antigas e facelas visibles

O Concello da Guarda promove o Proxecto Trega 2020+5 co que se pretende desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro de Santa Trega a través dunha actuación integral, de carácter conxunto e coordinado dos diferentes axentes sociais e entidades administrativas envoltas na conservación e promoción do monte.

O Concello de Oia reparte 30.000 máscaras de protección entre a veciñanza

O Concello de Oia vén de poñer en marcha unha nova campaña de reparto de máscaras desbotables entre a veciñanza, procedentes dun pedido de 30.000 novas unidades que vén de facer nos últimos días. Unha vez recibida esta nova partida de material de prevención fronte á covid-19, a Administración local comezou este venres o reparto de máscaras cirúrxicas a domicilio.

Tomiño fará obras de acondicionamento na estrada de entrada a Estás

O Concello de Tomiño levará a cabo un proxecto de acondicionamento e mellora da seguranza viaria na estrada de entrada a Estás. O ámbito de actuación será a vía principal da parroquia, desde o enlace coa estrada autonómica PO-552 ata o cruceiro da peregrina, fronte ao Centro Social.