18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal atenderá exclusivamente ao público no Concello baixo o sistema de...

    O Rosal atenderá exclusivamente ao público no Concello baixo o sistema de cita previa

    Ante a actual situación sanitaria, con todos os municipios de Galicia en nivel de alerta máximo, o Concello do Rosal pasará desde este mesmo martes 26 de xaneiro a atender ao público soamente con cita previa. Poderá solicitarse chamando ao teléfono 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico ao enderezo notifica@concellodorosal.es.

    Esta medida afectará a todos os servizos administrativos municipais, agás o rexistro de entrada, que continuará funcionando con todos os protocolos de prevención necesarios para facilitar o acceso á veciñanza e minimizar o risco de contaxio.

    Dende o Concello anímase a todos os veciños e veciñas “a que realicen todos os trámites posibles a través da sede electrónica” e que limiten a solicitude de cita previa “para causas necesarias e trámites imprescindibles”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.