Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Tomiño construirá en Goián un dos maiores skatepark da provincia

O Concello de Tomiño levará a cabo a construción dunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que estará composta por un skatepark e unha pista polideportiva. O espazo complementará outros equipamentos deportivos situados na área, como o campo de fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

O alcalde de Tui solicitou á directora de Turismo de Galicia o apoio ao proxecto do Cárcere Vello

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo onte un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para presentarlle o proxecto de intervención no edificio municipal do “Cárcere Vello”.

A Guarda presenta o seu novo calendario para o 2021

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, conxuntamente co seu equipo de goberno, presentaron no día de hoxe, o novo calendario para este ano 2021. Realizáronse ao longo destes anos no concello calendarios marabillosos, que sempre exaltaron as excelencias deste gran concello e onde se podía apreciar como evolucionamos.

O Concello de Oia aproba inicialmente un orzamento de 1,7 millóns de euros

O pleno municipal de Oia aprobou inicialmente o orzamento para este ano, que ascende a un total de 1,7 millóns de euros. Nun momento de dificultade marcado polas excepcionais circunstancias provocadas pola pandemia da Covid-19, o gasto social consignado nas contas representa cerca do 12% do total das contas municipais.

Como combater a desinformación nas redes sociais, a debate na VI Semana da Educación de Tomiño

O mércores 10 de febreiro terá lugar a terceira das conferencias programadas na VI Semana da Educación de Tomiño, unha xornada na que se falará da problemática e dos riscos que está supoñendo a desinformación e a difusión de Fake News a través das redes sociais.

Modificados o prazos da campaña Activa Tui

O Concello de Tui vén de modificar os prazos establecidos inicialmente na campaña Activa Tui ante as novas medidas restritivas que entraron en vigor esta semana e que afectan directamente tanto aos establecementos comerciais coma a hostalería.

O Concello de Oia contratará a 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2021 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra. Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (5 prazas) e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

O Grupo Municipal Socialista de Tomiño cualifica como “crítica” a situación que vive a Policía Local

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa veñen de cualificar como "crítica" a situación que vive a Policía Local que, con tan só dous efectivos "intenta manter o servizo" o que, sinalan, "é prácticamente imposible e está a causar problemas na veciñanza".

O Concello implementará crédito para a dinamización económica do Rosal

Tras ser capaces de consolidar a estrutura orzamental municipal, o Concello do Rosal leva este xoves 28 a pleno uns presupostos que recollen os importantes cambios nas regras fiscais e que permitirán a Goberno municipal “actuar como polo de dinamización económica e social nun momento especialmente complicado”.

Suspendido o mercado semanal dos xoves até o 17 de febreiro

O Concello de Tui informa que suspenderase o mercadillo semanal dos xoves como medida para poñer freo á transmisión do coronavirus reducindo ao mínimo imprescindible a interacción social e a mobilidade.

O Servizo de Igualdade do Concello de Tomiño atendeu máis de 160 consultas no 2020

O Servizo de Igualdade do Concello de Tomiño, desenvolvido pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Educación, presentou onte a memoria de actividade correspondente ao ano 2020.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia recollerá doazóns de sangue no Rosal o vindeiro 2 de febreiro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará no Rosal o vindeiro martes 2 de febreiro. O autobús estará situado na Praza...