Venres, 4 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Consello Municipal de Deportes do Rosal, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro

O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade.

Tui reinviste unha baixa do Plan Concellos nun tanque e chafariz de combustible co software de control

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.

Feminíssimas: teatro cómico e feminista para reivindicar o 8M en Tomiño

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Tomiño programou o espectáculo teatral Feminíssimas, que será interpretado o día 6 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio de Goián, cumprindo coas máis estritas medidas e protocolos de prevención sanitaria.

O Rosal estrea marzo cun apartado específico de igualdade na web municipal

O Rosal aposta pola igualdade todos os días do ano e en todos os ámbitos municipais. Nese camiño para continuar revolucionando mentes a web municipal estrea este luns un apartado específico de igualdade que contará con material relacionado con este ámbito e que lonxe de ser estático continuará crecendo ao longo do tempo con novo contido.

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral

O Concello de Tui volve contar co servizo de Orientación Laboral. A concellería de Formación e Emprego puxo de novo en marcha este servizo de orientación laboral para o emprego dirixido a persoas empadroadas no municipio e que se atopen en proceso de procura de emprego ou se expoñan a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de autoemprego.

A Xunta moderniza o campo de fútbol das Tornas, en Oia, cunha achega de 40.000 euros para a creación dun novo edificio de vestiarios

A Xunta vén de financiar unha nova fase de mellora e modernización do Campo de Fútbol das Tornas, no Concello de Oia, consistente na construción dun novo edificio para vestiarios que dispuxo dunha achega autonómica de 40.000€ ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público.

Comezan as obras da nova Escola Infantil do concello da Guarda

A vindeira semana inícianse as obras da nova Escola Infantil do concello da Guarda, que terá o seu emprazamento nas antigas vivendas de mestres e no comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde. A nova escola contará con 41 prazas distribuídas en tres unidades. O proxecto contempla a conservación de parte da fachada do edificio actual, na planta baixa localizarase a escola infantil cun patio para goce exclusivo dos usuarios.

O Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui retomaron a ensinanza presencial

Desde o pasado luns, 22 de febreiro, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui retomaron a súa actividade lectiva presencial en todas as especialidades e materias salvo nas clases onde participan instrumentos de vento.

As escolas de Música e Teatro reanudan a súa actividade de forma presencial con grupos reducidos e todas as medidas de seguridade

As escolas municipais de Música e Teatro de Tomiño retoman a súa actividade de forma presencial tras as novas restricións marcadas polas autoridades sanitarias. Como xa viñan facendo antes de ter que interromper as clases, ambas as dúas escolas volverán ás aulas con grupos reducidos e adoptando todas as medidas de prevención necesarias para garantir a saúde de alumnado e profesorado.

O Teatro Municipal de Tui retoma a programación con seis espectáculos no mes de marzo

A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo. O Concello de Tui retoma así a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25 %. A presentación tivo lugar onte a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía.

Dispoñibles xa en Youtube e na web municipal de Tomiño todas as conferencias da VI Semana da Educación

O Concello apostou por reinventarse para poder continuar coa xa tradicional Semana da Educación de Tomiño, que este ano chegaba á súa sexta edición...

Novos pasos cara a transformación radical da estrada entre Tabagón, As Eiras e Goián

Continúase a dar pasos cara a transformación radical da estrada entre Tabagón, As Eiras e Goián. A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ao proxecto para a execución da primeira fase de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3303.