Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de renovación do firme das estradas do Baixo Miño e Val Miñor

A Xunta vén de recibir 10 ofertas para executar as obras de renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada autonómica PO-552 e nun treito da PO-325, ao seu paso polos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona.

Continúa na Guarda a programación polo Día do Libro

Nesta semana continúan as actividades programadas dende a Concellería de Cultura polo Día do Libro como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo.

O Concello de Tomiño pon en marcha o Circuíto Cultural 2021

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do "Circuíto Cultural" 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio. Aquelas asociacións que cumpran cos requisitos poderán ser contratadas por un terceiro tendo unha parte da súa retribución económica aboada pola administración local.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a unha nova concentración o 21 de abril

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á participación de toda a veciñanza nunha concentración que se realizará o próximo mércores 21 de abril ás 20 horas na Praza Avelino Vicente da Guarda. Esta concentación forma parte das que as distintas plataformas integradas en SOS sanidade pública realizarán en distintas vilas e cidades galegas "para esixir da Xunta de Galiza a recuperación do sistema sanitario público galego trala pandemia da COVID-19".

Este domingo no Rosal maxia e letras co Mago Teto para ilusionar e divulgar en galego

Nova actuación esta fin de semana para toda a familia ao abeiro da programación especial organizada polo Concello para este abril, mes do libro no Rosal, co que se busca conmemorar o Día do Libro que se celebra o vindeiro día 23 ao tempo que se convida á veciñanza de todas as idades a desfrutar da lectura e da literatura de moitas formas diferentes.

Tomiño presenta a nova edición de O Siñor Afranio, a obra que recolle a fuxida de Antón Alonso Ríos

Este sábado tivo lugar no Mercado de Tomiño a presentación da terceira edición do libro O Siñor Afranio, a obra que narra as memorias do político e líder agrarista Antón Alonso Ríos como fuxido das forzas sublevadas en 1936, un periplo de máis de dous anos no que percorre o sur de Galicia facéndose pasar por esmoleiro ata lograr chegar a Bos Aires.

Tomiño reformará a cuberta do Auditorio de Goián e instalará novo equipamento técnico

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de mellora no auditorio de Goián consistentes na mellora do seu equipamento e na reforma da cuberta. O edificio, remodelado no ano 2015 para habilitar os espazos necesarios para a creación da Escola de Música, será tamén intervido para adecuar as instalacións en diversos aspectos como a iluminación e o son, co fin de que poidan cubrir as necesidades actuais de uso.

A Guarda esixe á “rectificación e aclaratoria” sobre unha imaxe da festa do monte que ilustraba unha información sobre o botellón

O concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, Festas e Festexos que xestiona Rafael Álvarez, vén de esixir unha "rectificación e aclaratoria" á La Voz de Galicia trala publicación dunha imaxe de tres persoas, da banda máis antigua da Festa do Monte da Guarda, facendo o ritual da xura anual, para ilustrar dita información sobre as medidas que os concellos tiñan implementado para loitar contra o "temido botellón".

O Banco Municipal de Voluntariado da Guarda celebra a súa primeira reunión

O pasado 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de persoas inscritas no Banco Municipal de Voluntariado do Concello da Guarda; unha primeira xuntanza que servía para dar a benvida e agradecer ás persoas "o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto" e, ao mesmo tempo, iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre as e os particiapantes perciben como necesarias.

‘SEA’ acorda cos concellos da Guarda e O Rosal avanzar no estudo dun polígono compartido que atraia investimentos de Galicia e Portugal

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este venres ao Concello da Guarda para abordar conxuntamente co alcalde da localidade, Antonio Lomba e a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández Callís, a posibilidade de retomar o estudo sobre un polígono industrial compartido entre ambos os Concellos que sirva de revulsivo económico á zona e permita atraer investimentos tanto de Galicia como do norte de Portugal.

A Deputación adxudica a mellora da mobilidade peonil na estrada Tabagón-Goián no concello do Rosal

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a primeira fase das esperadas obras de mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal con Tomiño, que contan cun orzamento de preto de 650.000 euros e cun prazo de execución de dez meses. O proxecto está enmarcado no modelo de mobilidade sostible, amable e segura que se está a levar a cabo nas estradas provinciais.

O Concello de Tui destina case 240 mil á segunda liña de axudas Reactiva Tui

O Concello de Tui destina 238.686,86 euros á segunda liña de axudas Reactiva Tui dirixida a persoas autónomas e microempresas do Concello de Tui. Deste total 190 mil euros están financiados con fondos propios e 48.686,886 a través da cantidade adicional da liña 2 do Plan Concellos da Deputación.