Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Cultura e música para a recuperación: a aposta da Eurocidade Tui-Valença polo MUMI 2021

“Estamos ávidos de espectáculo”. Así o proclamaba o presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodrigues Lopes, na presentación onte mércores 5 do MUMI 2021, o encontro profesional das músicas do Minho que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. Xunto a el, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia un paso máis no deterioro do servizo de Atención Primaria

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas instalacións.

O Concello da Guarda denuncia o roubo da Pía da fonte da Praza de Avelino Vicente

O Concello da Guarda denuncia o roubo da Pía da Fonte da Praza de Avelino Vicente, no casco urbano da vila. Trátase dunha peza de pedra con forma de concha que desapareceu nesta pasada fin de semana.

Tui, plató excepcional para a gravación da serie ‘Un asunto privado’

As rúas de Tui xunto a edificios coma os antigos xulgados na Praza da Inmaculada ou o Seminario Menor, están sendo dende onte luns o escenario da gravación da serie 'Un asunto privado' de Bambú Produccións, dirixida por David Pinillos e María Ripoll e creada por Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Gema R. Neira.

Ribadelouro (Tui) acolle cuarta parada da iniciativa ‘O Museo no Camiño’

‘O Museo en camiño’, unha iniciativa do Museo de Pontevedra e do programa ‘O teu Xacobeo da Xunta de Galicia , realizará a súa cuarta parada no Camiño Portugués en Ribadelouro (Tui) para dar a coñecer as obras máis importantes que ten nas súas coleccións a institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo’ na xente máis nova da vila.

O Rosal estrea a renovada praza de abastos “cun espazo do século XXI” exemplo de dinamización na provincia

Baixo o mellor acompañamento musical dun grupo de gaitas e un cuarteto da Escola de Música local, e cunha nutrida presencia de veciños e veciñas, así como de representantes municipais de todos os concellos do Baixo Miño, o emblemático edificio do Mercado do Rosal estreou hoxe por todo o alto a súa renovada imaxe. Trátase do primeiro paso dunha reforma impulsada polo Concello que ten como obxecto converter este inmoble nun espazo vivo co que propiciar o comercio de proximidade e o consumo dos produtos da zona e, con eles, a dinamización do núcleo do Rosal económica e socialmente.

Tui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza en Tui dous cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) na construción.

Inspección técnica de vehículos lixeiros os días 3 e 4 de xuño en Tomiño

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Turismos estará situada en Tomiño os días 3 e 4 de xuño no lugar de San Benito – Campo de Festas do Alivio.

A nenez de Xela Arias protagoniza a mostra itinerante que estes días pódese visitar en Tui

Dende hoxe e até o sábado pode visitarse no anexo da Sala Municipal, na Área Panorámica a mostra 'Aquela nena de Sarria'. No día de onte o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron a mostra xunto ao presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Precisamente esta exposición –con doce paneis recollen os primeiros anos da vida de Xela Arias, a súa vinculación co rural e co noso idioma– é un proxecto desenvolvido polo Colectivo para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas

A Xunta presenta no monte Aloia de Tui a iniciativa de Voluntariado Ambiental en espazos protexidos e esgota todas as prazas dispoñibles

A Xunta de Galicia estreará este mes un novo programa de voluntariado ambiental que, a día de hoxe, xa esgotou as 228 prazas ofertadas para poder participar nalgunha das 20 actuacións proxectadas nos próximos meses en diversos espazos naturais. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañadas polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentaron onte o programa no Parque Natural Monte Aloia, un dos lugares que acollerá esta iniciativa, impulsada por ambos departamentos.

A Guarda expoñerá os poemas de Xela Arias nos comercios da vila

A Concellería de Cultura da Guarda ideou unha programación en torno a Xela Arias centrada en divulgar os seus poemas entre os guardeses.

Dúas alcoholemias positivas nun control preventivo da Policía Local da Guarda

A Policía Local da Guarda, en colaboración da Dirección General de Tráfico(DGT), recibiu en préstamo un aparello para a realización das probas de control de alcohol en aire expirado. Deste xeito, dende a semana pasada iniciouse unha campaña de control da seguridade vial en rúas da vila, que deu coma resultado dúas alcoholemias positivas.