20.7 C
Pontevedra
Domingo, 25 de Setembro de 2022
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa...

    Tui organiza dous cursos de Prevención de Riscos Laborais en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

    O prazo de inscrición remata o 28 de maio. As prazas son limitadas

    O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza en Tui dous cursos de Prevención de Riscos Laborais (PRL) na construción.

    Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

    As persoas interesadas teñen que inscribirse, até o venres, 28 de maio, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.

    Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

    COLABORACIÓNS

    Heterodoxos

    A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais.

    Teatro para nen@s

    Sempre fun dos que defenden a valía do teatro como asignatura en todos os niveis da educación. Polas súas evidentes compoñentes pedagóxicas e pola súa capacidade para aprender a expresarnos en público e a empatizar con outros, tan distintos de nós, merecería un espazo de honra no noso curriculo educativo. Por iso non quero deixar pasar o inicio do novo curso escolar sen facer un par de recomendacións de pezas teatrais dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Ramón D. Veiga, «Zoom»

    En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.

    ¡Galicia negra!

    En estos últimos días, mejor dicho ya semanas, estamos volviendo a la cruda realidad de ver a nuestra Galicia de nuevo ennegrecida por el humo y por los incendios. No es algo que nos pille de sorpresa, por desgracia ya es algo habitual desde hace muchos años aunque, este año, se ha adelantando en el tiempo, ya que lo que solía ocurrir principalmente a finales de verano, debido a la climatología de este año, ya está sucediendo en estos meses.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    69 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS