Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Tui contará co financiamento preciso para converter o cárcere vello en centro de acollida de peregrinos e visitantes

Tui recibirá 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui. O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. Foi presentado hai uns días pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Juan Galán presenta na Biblioteca Municipal do Rosal o seu libro ‘Romanza de los naranjos en flor’

Proseguen as actividades culturais no Rosal para este mes de xuño. Este xoves 24 a Biblioteca municipal acolle a presentación do libro ‘Romanza de los naranjos en flor’, a novela coa que o filólogo, docente e investigador Juan Galán inicia a súa carreira literaria. Será a partir das 19.30 horas con aforo reducido e entrada de balde e libre ata completar prazas. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

Oia acolle este venres a presentación do libro “Romanza de los naranjos en flor”

O Centro Sociocultural de Pedornes acollerá este venres ás 20.00 horas a presentación do libro Romanza de los naranjos en flor, de Juan Galán.

Abertas as incricións para participar na escola de verán do Club Bádminton Tomiño

Xa está aberto o prazo de inscricións para solicitar praza nas escolas deportivas de verán no concello de Tui.

O Concello da Guarda entrega exemplares do Cómic “Historia dunha Loita”

O Concello da Guarda recibiu os cómics “Amelia: historia dunha loita” adquiridos dende o CIM e fixo entrega de varios exemplares na xornada deste luns á Biblioteca do IES A Sangriña (BiblioTrega) e á Biblioteca Pública Municipal da Guarda (para o seu Punto lila).

O Club Bádminton Tui amosa a súa satisfacción pola xornada do sábado

Este sábado 19 de xuño tivo lugar en Tui unha gran xornada de bádminton co Campionato Galego Sub11.

Tomiño súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA

Hoxe, 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño sumarase, coma cada ano, a esta conmemoración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza, da que cada día, se diagnostican tres novos casos e falece outro tanto en silencio.

Continúan abertas as convocatorias de axudas dirixidas a negocios do Concello da Guarda

O obxecto destas axudas é contribuír a paliar o impacto económico que sufriron os negocios con sede social no Concello da Guarda como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

A ‘Superliga Galicia de Futevolei’ chega á guarda o vindeiro 11 de xullo

Este pasado venres presentouse, nas instalacións da empresa Celtamotor –patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo–, a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.

Augas do Louro anuncia un corte de subministro que afectará á parroquia de Areas e polígono de Areas en Tui

O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas (Tui) e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. O corte está programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:00 horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.

‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ chegan o 26 de xuño á Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 26 de xuño a actividade de animación á lectura 'Daniela Pirata e as mozas pirata', por Donde Viven los Cuentos. A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, terá lugar o sábado 26 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural e require dunha inscrición previa no enderezo electrónico [email protected].

O presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martíns, intervirá o martes no Foro do Camiño Portugués en Tui

O vindeiro martes, 22 de xuño, desenvolverase o terceiro relatorio do Foro do Camiño Portugués, creado polo Concello de Tui no mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal, entidade de promoción turística que agrupa ás administracións públicas e aos diversos axentes implicados no sector turístico do Norte de Portugal