Despois do aprazamento por motivos meteorolóxicos da pasada fin de semana finalmente celebraremos o Día Internacional do Ioga este domingo 27 de xuño no Castelo de Santa Cruz ás 10.30 h da mañá. Esta actividade está organizada polo Centro Awen Yoga en colaboración co Concello da Guarda e xa vai pola súa terceira edición neste fermoso enclave natural. Con este encontro preténdese celebrar este día e que as persoas de diferentes idades e condicións físicas poidan coñecer o mundo do Ioga e os seus beneficios.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dará o visto bo este venres a recursos por máis de 1,8 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos 2021.
Tui acolle este domingo 27 de xuño, a partir das 10:30 horas, no novo pavillón deportivo municipal, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. O evento poderá seguirse en liña a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kung Fu, ou presencialmente até completar o aforo do pavillón.
O Concello de Tomiño vén de adherirse á rede galega de PRAIAS SEN FUME. Por este motivo, o areal da praia fluvial de Goián manterase a partir de agora libre de cabichas e de malos fumes.
Oia acolle este verán unha nova edición do seu campus deportivo, que se celebrará do 5 ao 16 de xullo nas instalacións do campo de fútbol das Tornas e no CEIP Mestre Manuel García. Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, a programación incluirá actividades como fútbol, tenis e escalada, entre outras.
O Concello do Rosal levou ás aulas un novo obradoiro de sensibilización medioambiental dirixido ao alumnado de 5º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, posto en marcha ao abeiro da subvención cofinanciada con fondos Feder Galicia 2014-2020 para fomentar a reparación e reutilización de obxectos.
O Concello da Guarda ven de publicar as Bases de participación nos Premios de Educación 2020-21, co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas.
O Concello de Tui, a través da súa concellaría de cultura, conmemorará esta semana o CXXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.
O Auditorio de Goián vístese de festa o vindeiro sábado, 26 de xuño, para acoller o recital de trompeta de Desirée Gómez Bouzada, unha das músicas máis destacadas da Agrupación Musical de Goián. Acompañada por Alejo Amoedo (piano), Rubén Fernández (tuba); Damián Riobó (trombón baixo); Ainara González (trompa) e José Miguel Pérez (trompeta), Desirée actuará ás 21.00 horas, ofrecendo un concerto composto de dúas partes, nas que interpretará pezas de J. Haydn, Andrés Álvarez, J.G. Pennequin e Victor Ewald.
O Concello de Tomiño comezou a semana pasada os traballos para renovar 217 puntos de luz situados en varios tramos das estradas PO-552, PO-344 e PO-553 (Ponte da Amizade), con arranxo ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra 'Iluminación Exterior Sostible II.
Tui recibirá 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui. O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. Foi presentado hai uns días pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.