Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O Concello da Guarda renova o pavimento do Pavillón Municipal da Sangriña

O Concello da Guarda realizou ao longo do verán obras de mantemento correctivo do pavimento do pavillón municipal de cara ao inicio da tempada deportiva 2021/22.

O Concello da Guarda aluméase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental

O Concello da Guarda súmase así á campaña que leva a cabo a Asociación Avelaíña ao longo do mes de outubro, co obxectivo de sensibilizar e informar á poboación sobre a enfermidade mental.

O Concello de Tui organiza un ciclo conferencias sobre o retablo da Batalla de Lepanto da igrexa de San Domingo

Onte, 7 de outubro, conmemorouse o 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Aproveitando esta efeméride o Concello de Tui organiza un ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

O PP de Tomiño pide anular a modificación puntual do PXOM “por incumprir a Lei e non representar os intereses da veciñanza”

O Partido Popular de Tomiño solicita anular e deixar sen efecto a modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, porque "nin se axusta á Lei nin defende o intereses xeral dos veciños do concello". O grupo municipal presentou alegacións ao documento, co fin de “antepoñer os intereses dos veciños e do propio concello a unhas actuacións que distan moito da realidade urbanística de Tomiño”.

A Guarda reforza a súa aposta polo patrimonio coa mellora e rehabilitación de diversos elementos

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Patrimonio, ven de rematar varios traballos realizados este ano para a mellora e rehabilitación de diferentes elementos patrimoniais existentes no municipio. Neste senso realizáronse diferentes tarefas na Fonte Lavadoiro de Xixolla, nunha parte da antiga muralla medieval ou na recuperación da pía da fonte do As de Copas.

Charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

O Rosal celebra a súa Festa de Outono do Pilar con música, teatro e unha homenaxe aos irmáns Flores

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación moi especial, a tradicional Festa de Outono, que chegará ao Calvario os días 10, 11 e 12 de outubro cunha morea de actividades para todos os públicos.

A Escola de Teatro de Tomiño retoma a súa actividade

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño retoma a súa actividade este mes de outubro para achegar a nenos e nenas e a mocidade ao mundo teatral.

Os Roteiros do Miño continúan este domingo coa ruta do Alto da Pena

A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa coa súa xeira de Roteiros do Miño 2021, un proxecto co que se busca dar a coñecer camiñando a riqueza paisaxística, cultural, patrimonial, ambiental e natural existente a ambas beiras do Miño.

Valoración positiva da evolución do desemprego en Tui con 7 meses consecutivos de descenso

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Tui realiza unha valoración positiva da evolución dos datos de desemprego no municipio no mes de setembro, no que se rexistraron 33 persoas menos en situación de desemprego, sendo 1.067 as persoas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego.

A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presenta máis de 3.000 firmas en demanda dunha asistencia sanitaria digna

A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou, o pasado luns 27 de setembro por rexistro na Xunta de Galicia –concretamente na Consellería de Sanidade– mais de tres mil firmas da cidadanía tomiñesa para esixir ao Sergas unha Sanidade Pública e de calidade para veciñanza.

Iseo a Moura achegará ao público do Rosal contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’ no xardín da Biblioteca

Continúa a programación de actividades no xardín da Biblioteca Municipal do Rosal. Este venres 8 de outubro será a quenda e Iseo a Moura, que namorará a grandes e pequenos e pequenas cos seus contos sobre ‘Amor, cortes e feridas’, unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.