Sábado, 20 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Oia acolle en decembro un obradoiro de decoración floral de Nadal

O Centro Cultural de Santa María de Oia acollerá, durante o mes de decembro, un obradoiro de decoración floral de Nadal. A actividade está organizaba pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia.

A Asociación Ecos do Folón toma partido contra a violencia de xénero

O Rosal declárase un ano máis en contra da violencia de xénero e de calquera tipo de agresións. Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello pon en marcha unha nova edición da exposición ‘Eu tomo partido, e ti?’.

O II Ciclo de conferencias ‘Aida Fernández Ríos’ chega aos centros escolares de Tui

O II Ciclo de conferencias “Aida Fernández Ríos”, impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, chega a próxima semana aos centros escolares da provincia con cinco charlas adaptadas ao público mozo.

Alberto Fortes presenta mañá en Tui a novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán”

Mañá xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán” recentemente editado por Edición Laiovento.

O Rosal quere converter o Magnolia Soulangeana de San Miguel de Tabagón en árbore senlleira

O Rosal quere converter o espectacular Magnolia Soulangeana de San Miguel de Tabagón en árbore senlleira. O Concello aprobará este xoves 25 en pleno (ás 20.30 horas no salón de plenos do Concello) a solicitude para incluír este exemplar no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

O Rosal acada un aforro enerxético do 70 % a través dunha achega do IDAE xestionada pola Deputación

As rúas Xulio Sesto e Fornelos e a estrada da Loureza, no concello do Rosal, locen un novo aspecto tras ser renovados 46 puntos de luz a través dunha achega do IDAE que foi xestionada pola Deputación de Pontevedra. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, achegouse ao municipio para coñecer de preto esta actuación, que contou cun orzamento de 23.700 euros e supón un aforro enerxético do 70 %.

A Guarda convoca as Subvencións Municipais por concorrencia competitiva 2021

O Concello da Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social.

Os mellores escaparates de Tomiño terán premio

Os comercios de Tomiño, así como os seus clientes e clientas terán premio este Nadal. O Concello organiza a “Campaña de Nadal + Nadal 2021. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre” coa participación da asociación de comerciantes ADETO.

O Rosal tínguese de morado polo 25 N

O Rosal píntase de morado para continuar revolucionado mentes e conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Abertas as inscricións para participar na Cabalgata de Reis de Tomiño

A partir de hoxe e até o día 30 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis 2022, organizada polo Concello de Tomiño.

Tomiño comeza coas visitas aos seus composteiros individuais

Tomiño continúa dando pasos para fomentar a economía circular e reducir os biorresiduos mediante a compostaxe e así evitar que este tipo de residuo acabe no contedor verde, e que se lle poida dar unha nova utilidade.

José Manuel Lorenzo e María Martínez conquistan o VIII Trail do Trega

Ambientazo no Paseo da Alameda nos prolegómenos do Trail do Trega que se celebrou na mañá de onte domingo na Guarda. Máis de 450 atletas tomaban parte na saída do que ía ser a última das probas da Pontevedra Trail League, tras as celebradas no Rosal e Tui en datas anteriores.