Sábado, 20 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O Concello de Tui edita unha guía de apoio e consulta con recursos e contactos dirixida ás mulleres

“Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos” é o título da guía presentada onte á tarde na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, dentro das actividades organizadas polo Concello de Tui en torno ao 25N.

O Rosal, sen sanidade

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, en colaboración co Concello, convocan para o vindeiro mércores 8 de decembro ás 12.00 horas unha concentración para denunciar a actual e precaria situación da atención primaria no municipio, que foi quedando sen servizos cos que prestar unha asistencia sanitaria digna e de calidade a toda a veciñanza.

O alumnado do CPI Suárez Marquier reflexiona sobre violencia de xénero coñecendo o traballo do CIM da Guarda

O Rosal rematou onte a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social e coordinadora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde, co alumnado de 3º da ESO do CPI Suárez Marquier.

“La Boheme” de Puccini chega este venres ao Teatro Municipal de Tui con Camerata Lírica

Este venres, ás 21.30 h, o Teatro Municipal de Tui acolle “La Boheme” con Camerata Lírica, un espectáculo que pecha a programación cultural do outono neste espazo.

Tomiño xestionou 135 toneladas de biorresiduos nos seus centros de compostaxe

Tomiño continúa a apostar pola economía circular a través da compostaxe. O Concello, seguindo a guía do Revitaliza da Deputación de Pontevedra, xestionou, no que vai de ano, 135 toneladas de biorresiduos nos seus 16 centros de compostaxe comunitaria.

A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos.

Adif licita a renovación de infraestrutura e vía do tramo Estación de Guillarei-Fronteira portuguesa

O Consello de Administración de Adif autorizou na súa última reunión a licitación, por importe de 12.379.566,43 euros (IVE incluído), do proxecto de renovación de infraestrutura e vía do tramo Estación de Guillarei-Fronteira portuguesa, pertencente á liña Guillarei-Valença do Minho.

Este venres Tui inaugura o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira

A maxia do Nadal chega a partir deste venres ao Paseo da Corredoira de Tui co Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui.

O Rosal vivirá un Nadal cheo de propostas para todos os públicos

O Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio

A Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido do alumeado

O Concello da Guarda arranca este venres día 3 de decembro a programación do Nadal 2021 co acendido do alumeado, actividades que terán lugar dende ás 18:00h.

Hoxe preséntase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”

Hoxe martes, 30 de novembro, ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, presentarase a Guía “Mulleres. Coñecendo o seus dereitos e recursos”.

A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.