Sábado, 20 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Campaña de redución de bolsas dun só uso na Guarda

O Concello de A Guarda pon en marcha unha campaña de sensibilización ambiental co obxectivo de reducir o consumo de bolsas dun só uso.

Arredor de 450 persoas concentráronse no Rosal para denunciar a precaria situación da atención primaria

Arredor de 450 persoas se achegaron o pasado mércores 8 á Praza do Calvario do Rosal para secundar e participar na concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e polo Concello.

Teatro, circo, malabares, inchables e obradoiros, no Nadal Cultural de Tomiño

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño organiza un Nadal que este ano terá actividades para público infantil e familiar, relacionadas co teatro, o circo e os obradoiros, antes da tradicional Cabalgata de Reis.

O Concello da Guarda adheriuse á iniciativa “Concellos Emprendedores”

A iniciativa “Concellos Doing Business Galicia-Concello Emprendedor” resulta dun convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia.

Aberta a inscrición para a última ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre hoxe martes, 7 de decembro, o prazo de inscrición para a quinta e última das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición do programa “Voando nas Rías Baixas”.

Continúa a programación do Nadal na Guarda

Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonsos ás 18:30h.

Comezan as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez de Tui

A semana pasada comezaron as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez de Tui. Unha actuación que suporá un investimento de case 600 mil euros que serán financiados polo Consello Superior de Deportes.

A música será unha das grandes protagonistas da programación “Tui, o Camiño do Nadal”

“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.

A Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores estará no Rosal en xaneiro

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará situada diante do pavillón municipal o mércores 26 e o servizo prestarase en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.

O Rosal inaugurará o ecoparque do Sobreiral o vindeiro 8 de decembro cun magosto

O Rosal está a piques de estrear o seu ecoparque do Sobreiral, un espazo verde no centro do municipio que combina natureza, lecer e inclusividade.

O Concello visita ós produtores singulares de Tomiño para animalos a compostar

Para acadar outro fito do Revitaliza do Concello e da Deputación de Pontevedra, o mestre e a mestra composteira de Tomiño están visitando a “produtores singulares” do municipio, entendendo estes como entidades produtoras de biorresiduos diferentes a domicilios familiares, o que son centros especializados ou establecementos de hostalería.

Mercadiño de Libros Solidarios na Biblioteca Municipal de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza entre o sábado 4 e o xoves 23 de decembro un Mercadiño Solidario de Libros, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.