A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ata O Rosal o vindeiro mes de xaneiro para a revisión de ciclomotores. Esta unidade estará situada diante do pavillón municipal o mércores 26 e o servizo prestarase en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.
As persoas interesadas xa poden solicitar cita previa:
- Por teléfono no 902 30 90 00.
- A través da páxina web sycitv.com, no apartado Cita previa.
Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.