Venres, 18 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda participou en FITUR como un dos protagonistas do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

Cada ano A Guarda como destino turístico destacado conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR.

O Concello de Tomiño dá os parabéns ao Club Deportivo Miño polo seu éxito na Taça Ibérica

O Concello de Tomiño quere dar os parabéns ao Club Deportivo Miño polo seu éxito na emblemática Taça Ibérica de Slálom que se celebrou a pasada fin de semana en Vilanova de Cerveira.

Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

Mañá, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.

O Rosal continúa coas súas formacións contra a violencia de xénero

O Concello do Rosal continúa coas súas formación contra a violencia de xénero. Esta fin de semana rematou o curso de autodefensa para mulleres que organizou en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

O Concello da Guarda mellora a seguridade viaria co asfaltado de viarios públicos do municipio

A Concellería de Vías e Obras do Concello da Guarda vén de acometer diversos traballos de repavimentado e reposición da sinalización horizontal de viarios públicos do municipio en aras de continuar mellorando a seguridade viaria do municipio.

Balance positivo da presenza de Tui en Fitur

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou como representante do Concello de Tui nun total de catro presentacións nas que a nosa cidade tiña especial protagonismo celebradas na Feira Internacional de Turismo – Fitur 2022 que se está a celebrar estes días na capital de España.

Tomiño abre as inscricións para participar no desfile, “Venres de Foliada”

O Concello de Tomiño volverá organizar este ano, se a situación sanitaria o permite, o seu tradicional desfile de comparsas “Venres de Foliada”. Será o 25 de febreiro e as agrupacións interesadas en participar poden inscribirse a partir do luns 24 ata o 31 de xaneiro a través da sede electrónica do Concello.

O Concello de Tui retoma o Foro do Camiño Portugués coa presenza de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

O vindeiro martes, 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma, logo da paréntese do Nadal, a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués”.

O Rosal afonda sobre a enerxía solar da man de Francisco Hinojosa

O Rosal continúa a vindeira semana coas súas ‘Xornadas de Enerxía’, unhas charlas organizadas polo Concello protagonizadas por conferenciantes de relevancia nacional e internacional que teñen por obxectivo abordar asuntos relacionados cos diferentes tipos de enerxía, modos de consumo, modelos alternativos, sostibilidade...

O Rosal dá un paso máis cara á sostibilidade apostando polas enerxías renovables

O Concello continúa dando pasos para converter O Rosal nun municipio o máis sostible posible. Nese camiño, no que se aposta polas enerxías limpas e renovables, o Concello aprobou este xoves en pleno extraordinario unha modificación orzamentaria para abordar a substitución das actuais caldeiras da Casa do Concello e da Escola de Pancenteo por unhas de biomasa.

O luns comezan obras para reparar os afundimentos rexistrados na praza da Estrela

O próximo luns, 24 de xaneiro, comezarán na praza da Estrela, no conxunto histórico de Tui, obras para reparar os afundimentos rexistrados en distintas lousas de pedra do pavimento así coma as filtracións detectadas procedentes da rede de saneamento.

O Concello da Guarda investirá 48.000 € na mellora da Zona infantil e deportiva da Portela en Salcidos

O Concello da Guarda conta cun proxecto de Reforma e mellora da zona infantil e deportiva da Portela, no barrio de Salcidos. Esta obra será executada en próximas datas con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.