9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO luns comezan obras para reparar os afundimentos rexistrados na praza da...

    O luns comezan obras para reparar os afundimentos rexistrados na praza da Estrela

    Renovaranse 10 metros de tubaxes da rede de saneamento. O tráfico na zona permanecerá pechado ao longo dunha semana

    O próximo luns, 24 de xaneiro, comezarán na praza da Estrela, no conxunto histórico de Tui, obras para reparar os afundimentos rexistrados en distintas lousas de pedra do pavimento así coma as filtracións detectadas procedentes da rede de saneamento. Os traballos serán acometidos polo Consorcio do Louro, e terán unha duración estimada dunha semana.

    Debido á realización destas obras de reparación dende o próximo luns os residentes non poderán acceder en vehículo á praza da Estrela, a circulación cortarase no tramo da rúa Cuenca comprendido entre a praza de Fromista e a propia praza da Estrela.

    O Concello de Tui tras detectar os afundimentos en distintos puntos da praza da Estrela comunicou a situación ao Consorcio do Louro que elaborou un informe sobre os mesmos.  No estudo realizado detectouse unha tubaxe sen saída que será taponada. Entre os traballos a realizar figura tamén a renovación de 8 metros de tubaxe de PVC de 315 mm entre dous pozos de rexistro, dotándoa da pendente axeitada, e de 2 metros máis de tubaxe entre un dos pozos de rexistro e a taxea existente. Os traballos concluirán oca reposición do pavimento de lousas de pedra existentes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.