Sábado, 19 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O alcalde de Tui participou no acto oficial de “presentación” da certificación do Camiño Portugués da Costa

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou onte nos actos oficiais organizados pola entidade de Turismo de Porto e Norte de Portugal para a presentación pública da recente aprobación por parte do Goberno de Portugal da certificación do Camiño Portugués da Costa entre Porto e Valença, o que o converte no terceiro itinerario xacobeo delimitado en terras portuguesas.

A Xunta acada o 25 % de execución da vía de alta capacidade Tui – A Guarda

A Xunta acadou xa o 25% de execución das obras da vía de alta capacidade Tui-A Guarda entre o enlace coa A-55 e o polígono de Areas, que supoñen un investimento autonómico de 21,2 millóns de euros.

A grupo socialista urxir á Xunta a resolver o problema de transporte entre A Guarda e Caminha co obxectivo de dar continuidade ao Camiño...

A deputada socialista Leticia Gallego visitou hoxe A Guarda, xunto ao seu a alcalde, Antonio Lomba, para presentar unha batería de iniciativas para urxir á Xunta a resolver o problema de transporte entre o concello guardés e o municipio portugués de Caminha co principal obxectivo de dar continuidade ao Camiño Portugués pola Costa no seu paso polo esteiro do Miño.

A Guarda contará co servizo móbil de nova xeración

O Concello da Guarda informa que en vindeiras datas contarase na vila co servizo móbil de nova xeración na banda de 700 MHz coas principais operadoras móbiles

O Concello de Oia contratará 11 persoas ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Oia contratará a un total de 11 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda felicita a Carmen Rodríguez González no seu 100 aniversario

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, visitaron na xornada deste luns día 14 de febreiro a Carmen Rodríguez González coincidindo co seu 100 aniversario.

Os muíños do Folón e do Picón volven xirar coas súas pezas máis tradicionais

Nemesio Castro é memoria viva do Rosal. El, como din no concello, “é un pequeno gran home”. O veciño é parte do legado do municipio, xa que é o dono dos últimos muíños activos do Folón e do Picón.

Tomiño conmemora o Día Internacional do Cancro Infantil coa obra “Ás para Álex” de Baobab Teatro

O Concello da Tomiño sumarase á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil (15 de febreiro), coa obra “Ás para Álex” de Baobab Teatro; unha función que terá lugar no Auditorio de Goián o vindeiro domingo, 20 de febreiro ás 17.30 horas.

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea nacional de “As que limpan” de A Panadaría

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de febrero, ás 21 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”. Trátase do novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.

O concello da Guarda busca o apoio do sector turístico para o Camiño Portugués da Costa

O pasado xoves 10 de febreiro o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, mantiveron unha reunión coas empresas de aloxamento turístico.

Accidente en Tui coa caída dunha árbore

En Tui, un home resultou ferido durante a tarde de onte despois de caerlle unha árbore enriba do coche no que viaxaba.

A Guarda inicia o procedemento de licitación das obras de Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña

O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras de Reforma e Ampliación do Pavillón da Sangriña, cun orzamento de execución de 1 546 006,22 € sen IVE e cun prazo de execución de 8 meses.