Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A OMIX de Tomiño suma adestramento canino e cestería á súa oferta de formación

Últimos días para anotarse no obradoiro de vídeo mapping organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), esta fin de semana no Concello de Tomiño. Na páxina web www.tomino.gal, segue aberto o prazo de inscrición para aprender a proxectar imaxes en movemento e con música.

A Guarda e Caminha presentan as Andainas de Primavera 2022

A Casa dos Alonso da Guarda acolleu, o martes 5 de abril, a presentación das Andainas de Primavera 2022, organizadas conxuntamente polo Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha. Esta actividade, que goza dunha ampla participación en ámbalas dúas ribeiras do Río Miño, contará con 4 rutas nesta primavera 2022 e veñen a retomar as andainas que se organizaban cada ano ata que a pandemia da COVID-19 impediu a súa celebración.

O pop rock de Acevedos Delgados ameniza unha nova sesión vermú no Mercado

Tomiño quenta motores para unha nova xornada esta fin de semana dos seus domingos de sesión vermú, unha das accións programadas dentro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello coa que se busca reactivar a actividade económica e social do municipio.

A Xunta licita o equipamento da nova escola infantil da Guarda

A Xunta licitou hoxe o equipamento da nova escola infantil da Guarda por case 88.000 euros co obxectivo de que abra as súas portas o vindeiro mes de setembro coincidindo co inicio do curso 2022-2023 e coas obras do centro están xa rematadas.

Tomiño contrata a 30 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2022

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2022, liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

O alumnado mosense recibe a visita da Policía Local e Emerxencias

Onte iniciouse o programa de visitas da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos aos colexios do municipio que periódicamente se organiza desde a Concellería de Educación.

O Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

O Concello de Oia vén de ter coñecemento dunha posible fraude anunciando un posible abaratamento da factura eléctrica e para o cal se estaría actuar en nome do propio Concello.

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais.

A Guarda saca a licitación o mantemento das illas ecolóxicas e a reforma do Obradoiro de Emprego

O Concello da Guarda saca a licitación pública dous novos contratos, por unha banda o do Servizo de mantemento das illas ecolóxicas de contedores soterrados e, pola outra, a reforma do Obradoiro de Emprego Manuel Benito Portela.

A UVigo e o sector da hortofloricultura do Baixo Miño inician unha senda de colaboración

Tender pontes entre a academia e a sociedade e achegar o coñecemento científico que se xera nos laboratorios universitarios ao tecido empresarial, tratando de dar respostas ás necesidades e demandas das empresas.

A Guarda da a benvida a abril cunha ampla programación polo mes do libro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de presentar as actividades e a programación para o mes do libro 2022 que arrancou xa na xornada deste venres día 1 de abril coa inauguración da Exposición de libros “O Principiño”.

A Guarda aposta polo emprego coa contratación de 14 desempregados ao abeiro do Plan Concellos

Na mañá do venres día 1 de abril de 2022 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Persoal, Montserrat Magallanes e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español; deron a benvida aos 14 novos traballadores que se veñen de incorporar recentemente grazas á Liña 3 do Plan Concellos da Deputación.