Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño dá o pistoletazo de saída á rehabilitación enerxética da Casa da Cultura

O Concello dá o pistoletazo de saída a ‘Integra Tomiño’, un proxecto transformador para o municipio que contempla a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e a implementación de melloras no espazo público de toda a contorna.

O CEIP de Barrantes organiza unha carreira solidaria pola investigación da leucemia infantil

O CEIP de Barrantes achega o seu lado máis solidario para recadar fondos para a investigación da leucemia infantil. O centro educativo organiza o vindeiro xoves 21 de decembro unha carreira solidaria.

A Deputación transformará o núcleo máis poboado de Tomiño

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este venres o Concello de Tomiño para asinar coa rexedora Sandra González un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030.

O Concello da Guarda asinou o convenio do Plan de Sostibilidade Turística en Destino

Nesta semana, o Concello da Guarda avanzou na tramitación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino coa sinatura dun convenio que regula esta subvención.

O pavillón municipal de Guillarei contará con vestiarios

O Concello de Tui continúa a traballar para mellorar as instalacións deportivas municipais e que estas conten coas condicións idóneas para a práctica deportiva.

A Deputación mellorará infraestruturas públicas municipais na Guarda

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 140.000 € para que o Concello da Guarda mellore infraestruturas públicas municipais.

A Xunta autoriza o cambio de titularidade da PO-195 ao seu paso polo concello de Tomiño

O Consello da Xunta autorizou o cambio de titularidade a prol do Concello de Tomiño da estrada PO-195 en Forcadela, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+020 e o 1+530, incluído o seu dominio público viario.

Charla sobre nutrición para afrontar o Nadal de forma saudable

Ás portas do Nadal multiplícanse os xantares abundantes sendo habitual resentirse pasadas estas datas. Os excesos na alimentación son frecuentes, polo que dende o Centro de Saúde da Guarda queren realizar unha charla-obradoiro.

Mañá sábado celébrase o concerto de Nadal da Eurocidade “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença brindarán este sábado, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui o espectáculo musical “Nadal de Cristal”.

Unha viaxe para experimentar a realidade dos campamentos saharauís

O Rosal xa está de volta tras a súa primeira visita aos campamentos saharauís de Tindouf, en Arxelia.

Unha trintena de establecementos de Tomiño participan na Ruta Nadal + Nadal

Arredor dunha trintena de establecementos de Tomiño forman xa parte da Ruta Nadal + Nadal, unha nova edición da campaña organizada polo Concello co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade e promover o consumo nos establecementos locais especial nunha das épocas do ano con maior índice de vendas.

Diversión asegura este sábado na Guarda

Este sábado, no centro cultural da Guarda ás 18 horas, remata a programación do Outono Teatral da man do espectáculo infantil de humor e clown Abracadáver.