Xoves, 3 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Mecalia Guardés conseguiu o SubCampionato da Copa Raíña

A Deputación de Pontevedra trasladou a “máis agarimosa” felicitación ao Mecalia Guardés que conseguiu en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña tras un vibrante partido ante o Costa do Sol de Málaga.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de maio

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 6 en horario de 16:15 h ás 14:00 horas e de 16:30 h a 21:00 h e o sábado 7 de 10:15 h ás 15:00 h.

A activista feminista Amelia Tiganus comparte a súa experiencia co alumnado rosaleiro

O Concello do Rosal continúa organizando actividades ao abeiro dos obradoiros de afectividade e sexualidade que cada ano se imparten ao alumnado de Secundaria do CPI Manuel Suárez Marquier, no que traballan conceptos como autoestima, estereotipos de xénero, sentimentos, relacións de parella ou presión de grupo de cara a fomentar o bo trato e previr a violencia de xénero entre a mocidade.

‘Violencia Zero’ leva á reflexión o papel do matriarcado e a lacra do machismo na acción de Cristina Iglesias en Oia

Un grupo de mulleres de Burgueira, a parroquia de Oia, amosou o verdadeiro significado do “matriarcado galego” a través dunha nova acción do programa da Deputación “Violencia Zero, coordinada pola actriz Cristina Iglesias e que tivo lugar na Casa da Cultura. Así, nove mulleres puxeron en escena “O matriarcado da muller na cociña”, unha acción na que alzaron as súas voces sobre temas que elas consideran importantes

Tui celebrará este sábado o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade con 160 participantes do máis alto nivel

Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín.

Remata a primeira fase da reforma da Praza do Calvario

A reforma integral da Praza do Calvario e a súa contorna avanzan a bo ritmo. O Concello vén de completar a primeira fase de execución desta transformación co soterramento de todas as canalizacións e a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións, electricidade e alumeado.

Tomiño conmemora o Día Internacional da Danza con “Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da Compañía Ensalle

“Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da COMPAÑÍA ENSALLE, é a obra seleccionada pola Concellalía de Cultura para conmemorar o Día Internacional da Danza (29 de abril) en Tomiño.

Novo horario de atención á cidadanía da Oficina de Biorresiduos e compostaxe en maio

A Oficina de Biorresiduos e compostaxe do Concello de Tui, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, terá a partir do 5 maio horario de atención á cidadanía os xoves 10 a 14 h.

Os ‘Círculos concéntricos’ de Iria Supertramp, este venres 29 na biblioteca municipal

Abril remata no Rosal cedendo de novo o protagonismo aos libros. Este venres día 29 a biblioteca municipal será o escenario que acollerá a presentación da obra ‘Círculos concéntricos’, de Iria Supertramp.

Amelia Tiganus presenta na Guarda o seu novo libro

O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

Este sábado lecer e ciencia mestúranse no Mercado de Tomiño

Este 30 de abril arranca ‘Mercado con-ciencia’ cunha actividade na que o público compartirá sesión vermú co biólogo da Universidade de Vigo Luis Navarro para falar da crise de polinización.

A Casa dos Alonsos acolle este sábado a presentación do libro “Palabras como corpos prata”

O vindeiro sábado día 30 de abril ás 18:00 h será presentado na Casa dos Alonso o libro “Palabras como corpos prata” de Joaquín Cadilla, unha obra que inclúe máis de corenta poemas.