Mércores, 2 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Consolídase o crecemento nos visitantes a Tui

Ata 2.854 persoas se achegaron en abril á nova Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui, situada no céntrico Paseo da Corredoira. Ao longo do mes esta Oficina atendeu a un total de 2.087 turistas, deles 154 de procedencia estranxeira e 1.933 de procedencia española

Fin de semana musical en Tomiño

O Auditorio Municipal de Goián acollerá este fin de semana o tradicional “Concerto do Socio” a cargo da Agrupación Musical de Goián, e o Encontro de Corais, no que a Coral Polifónica de Tomiño actuará como anfitrioa.

O Rosal adxudica a instalación das caldeiras de biomasa na Casa do Concello e na Escola de Pancenteo

Novos pasos para facer do Rosal un municipio máis sostible. O Concello vén de adxudicar a subministración e instalación de dúas caldeiras de biomasa para a produción de calefacción mediante combustible de pellet de madeira na Casas Consistorial e na Escola Unitaria de Pancenteo.

Oia abre a tempada de curros este domingo na Valga

A tempada de rapas das bestas comeza esta fin de semana en Oia co tradicional curro da Valga, que se celebra este domingo 8 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da celebración (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17.00 horas.

Remata a II Ruta do Libro 2022 da Guarda

O mes de abril estivo na Guarda adicado ao libro e á lectura, concentrando diferentes actividades como contacontos na Biblioteca, presentacións de libros, a exposición sobre o Principiño e a celebración do Día do Libro o propio 23 de abril coa visita de Mortadelo e Filemón na Biblioteca e Librerías, así como o desconto na venda de libros.

Segue en marcha a investigación sobre a xuventude de A Guarda: é a quenda do foro participativo

Á tarde do vindeiro mércores 11 de maio, nas dependencias do Concello, terá lugar a segunda parte da investigación sobre a xuventude de A Guarda que está levando a cabo a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Tomiño conmemora as Letras Galegas con actos culturais e lúdicos

Avanza a primavera e chegan os actos e actividades programados para este mes de maio, especialmente os adicados ás Letras Galegas 2022 adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán. Concertos, concursos (deseño da camiseta conmemorativa), obradoiros, teatro, xogos, etc.

Deporte e entorno natural combínanse no Trail do Aloia que se celebra esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League.

A Guarda acolle o 7 de maio a proxección do documental “Galicia Peregrina. A ruta portuguesa de Santiago”

O Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 7 de maio ás 20:00 h unha dobre proxección vencellada ao Camiño Portugués da Costa.

A exposición “Lebres como Gacelas” chega a Tui

Despois do seu paso por Vigo e Caldas, a exposición “Lebres como Gacelas”, promovida pola Deputación de Pontevedra en homenaxe a Xela Arias e que conxuga poesía e fotografía, chegará este martes a Tui, onde se poderá visitar na Sala de Exposicións Francisco Sánchez ata o 11 de xuño.

A Guarda inaugura a exposición coas fotos do concurso realizado con motivo do Día Mundial da Auga

O día 8 de marzo, o Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda convocou un concurso de fotografía en colaboración co Concello da Guarda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día mundial da Auga (22 de marzo).

Novo éxito do Club Bádminton Tui

Este sábado o Club Bádminton Tui desprazábase ata Vigo con 8 dos seus deportistas para participar no Galicia Master N6 Sub15 Sub19, que organizaba o Club Bádminton Vigo Escola Rosalía.