8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaSegue en marcha a investigación sobre a xuventude de A Guarda: ...

    Segue en marcha a investigación sobre a xuventude de A Guarda: é a quenda do foro participativo

    Celebrarase no Concello o mércores 11 de maio de 16 a 19 horas

    Á tarde do vindeiro mércores 11 de maio, nas dependencias do Concello, terá lugar a segunda parte da investigación sobre a xuventude de A Guarda que está levando a cabo a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Neste caso, o formato escollido será a realización dun foro participativo presencial no que se debaterá a perspectiva laboral e persoal das mozas e mozos e as súas expectativas sobre desenvolver unha carreira profesional na vila.

    En que consistirá o foro?

    Despois do éxito acadado na primeira fase, que se materializou nunha enquisa masiva dirixida á mocidade de 15 e 29 anos, neste encontro búscase unha interpretación máis en profundidade dos resultados. O foro, de tres horas de duración, articularase a través dunha serie de dinámicas dirixidas por unha experta en facilitación. A intención é crear un ambiente distendido, de confianza, no que se poida debater e coñecer máis polo miúdo as perspectivas laborais e persoais da mocidade guardesa. O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro día 9 inclusive e pódese xestionar a través do seguinte formulario: https://forms.gle/m4UHWVVyodYExfAMA. Os únicos requisitos para asistir son ser de A Guarda, ter unha idade de entre 15 e 29 anos e ter dispoñibilidade para acudir a duración total do encontro.

    Unha primeira fase da investigación proveitosa

    Grazas ás visitas realizadas aos centros educativos da vila nos que se imparte Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional, as taxas de participación na sondaxe valóranse como moi positivas. As entidades sociais e clubes deportivos de A Guarda foron tamén pezas clave no desenvolvemento e na correcta difusión da enquisa, especialmente para chegar aos tramos de idade que abarca a investigación que xa non están cursando estudos no concello. Pechan o listado de canles de difusión as redes sociais da OMIX e do concello e a web do consistorio.

    Os resultados acadados nas diferentes fases desta investigación plasmaranse nun vídeo resumo, que será presentado na próxima Feira do Emprego de outubro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.