13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle o 7 de maio a proxección do documental “Galicia...

    A Guarda acolle o 7 de maio a proxección do documental “Galicia Peregrina. A ruta portuguesa de Santiago”

    Será o sábado día 7 de maio ás 20:00h no Salón de actos do Centro Cultural da Guarda

    O Salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 7 de maio ás 20:00 h unha dobre proxección vencellada ao Camiño Portugués da Costa.

    O documental “Galicia peregrina. A ruta portuguesa de Santiago” proxectarase achegando ao espectador ao verdadeiro significado de facer o Camiño de Santiago, protagonizado pola presentadora Cristina Maró, que estará no acto deste sábado na Guarda.   

    O Concello da Guarda, continuando coas accións para difusión e promoción do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola vila ven de continuar co proxecto “Falemos do Camiño”, iniciado no ano 2020 e paralizado debido á pandemia.

    Desta volta organizouse unha actividade cos centros escolares e colectivos da vila para promocionar o Camiño Portugués da Costa a través da actividade “Percorremos A Guarda como peregrinos”, onde o alumnado e usuarios percorreron parte do trazado do itinerario xacobeo pola Guarda en diferentes sesións celebradas entre marzo e abril de 2022, acompañados por un guía que foi explicando os diferentes elementos etnográficos, civís e relixiosos existentes no camiño.

    Ao mesmo tempo, aproveitouse esta acción para a gravación dun vídeo que será presentado tamén este sábado día 7 de maio no Centro Cultural da Guarda.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.