Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño estreará en 2024 unha área para autocaravanas no Seixo

Tomiño comezará o novo ano estreando a nova área de autocaravanas do Seixo. A alcaldesa, Sandra González; o vicepresidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Julio Martín; concelleiros municipais e membros da directiva da Comunidade de Montes de Tomiño visitaron a zona para autocaravanas.

A II San Silvestre Solidaria de Tui agarda superar as 600 persoas participantes

A San Silvestre Solidaria de Tui agarda bater un novo récord de participación, superando as 600 persoas participantes, na súa segunda edición o próximo sábado 31 de decembro. A proba foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui.

A Xunta financia un obradoiro de emprego dual en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na inauguración do obradoiro dual de emprego de Tui.

O Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cun espectáculo para a cativada

O espírito do Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cunha experiencia teatral única para gozar en familia. O vindeiro martes 26 de decembro Migallas Teatro deslumbrará ao público con ‘Contarte con arte no Nadal’.

Música, Visita de Papá Noel e Carreira de San Silvestre para a véspera da Noiteboa na Guarda

Sen dúbida o vindeiro fin de semana é cando se concentra o núcleo do Nadal ao celebrarse o domingo e o luns a Noiteboa e o Nadal. É por iso que ao longo do sábado 23 multiplícaranse na vila as actividades pensadas para tódolos públicos tanto en idade como en gustos.

Nadal con pegada eco no Rosal

O Rosal mantén a súa aposta polo medio ambiente e a sostibilidade, tamén no Nadal. Un ano máis, veciños e veciñas das parroquias únense nestas datas para celebrar un ‘Nadal sostible’ grazas ao deseño e elaboración dunha orixinal e enxeñosa decoración realizada con diferentes materiais naturais e de refugallo.

O alumnado rosaleiro descobre de forma interactiva a Axenda 2030

O Concello do Rosal continúa traballando para achegar á veciñanza á Axenda 2030 e deseñar un plan de acción propio coa implicación do tecido asociativo, económico, educativo e social rosaleiros.

O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal

O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal posta en marcha no ano 2020. A aplicación, de descarga gratuíta en Play Store e App Store, co nome de “Concello de Tui” permite o acceso ás noticias, á axenda, ao rueiro, a rutas, directorio, vídeos, ou servizos municipais.

Tomiño presume de Nadal sostible

Un Nadal participativo, divertido, natural e máis sostible, tamén na súa decoración. Un ano máis o Concello de Tomiño aposta por decorar as rúas coa creativa e orixinal arte floral creada por alumnado de FPB do IES Antón Alonso Ríos e por floristas de Tomiño e Goián.

Asinado o convenio entre a Xunta e o Concello de Tui para destinar vivendas a alugueiro social

A Xunta asinou hoxe co Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana o convenio que permitirá cofinanciar con fondos europeos a rehabilitación de 3 vivendas localizadas no número 20 da rúa Bispo Castañón, que se destinarán a alugueiro social entre os demandantes inscritos neste municipio no Rexistro único de vivendas protexidas.

O albergue municipal da Guarda pechas as súas portas durante as semanas de Nadal

Nos últimos anos escóllense as semanas de Nadal para pechar o albergue municipal de peregrinos da Guarda ante a redución do número de peregrinos nestas datas.

Último “Café en igualdade” do ano no Rosal

O Rosal despide o ano cunha nova cita cos seus ‘Cafés en Igualdade’, un espazo de reunión para todas as familias rosaleiras no que conversar sobre temas de interese de xeito cómodo e distendido, ao tempo que se promove a conciliación familiar, laboral e persoal.