Co inicio do novo curso escolar á volta da esquina, operarios municipais e profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier traballan man a man para preparar os espazos interiores e exteriores do centro e adaptalos ás medidas de precaución e aos protocolos de prevención de contaxios por COVID-19 marcados nos últimos días pola Consellería de Sanidade. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, reuniuse nos últimos días no Concello coa dirección do CPI para ultimar as necesidades do centro e coñecer como abordará os retos para este curso escolar somerxidos nesta nova realidade.
O Concello do Rosal aposta por un novo modelo de desbroce máis ecolóxico e sostible que permita diferenciar a vexetación que se debe eliminar da que non. A través deste desbroce selectivo búscase a recuperación do bosque de ribeira no río Carballas, minimizando o avance de especies invasoras e permitindo o aniñamento de diversos animais, o que permite conservar os hábitats naturais dunha gran variedade de especies.
O Concello do Rosal e a asociación asistencial SOS Tomiño continúan a estreitar os seus lazos de cooperación. Este martes, a alcaldesa Ánxela Fernández reuniuse co presidente e vicepresidente desta entidade, José Quinteiro e José Gómez, para falar da situación actual que se está a vivir no municipio e na comarca do Baixo Miño a consecuencia da COVID-19.
A Deputación de Pontevedra vén de conceder subvencións por un total de 21.010 euros a catro concellos da comarca do Baixo Miño coa fin de fomentar a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. En concreto, serán os concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui os que se beneficien destas achegas, coas que levarán a cabo diversas accións nos seus territorios.
O Concello do Rosal rematou esta semana o arranxo da ponte do Urgal, unha ponte situada no río Carballas que amosaba un importante deterioro dende hai tempo e que estaba pendente de recuperación tras solicitar os permisos necesarios á autoridade competente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia volverá visitar O Rosal o vindeiro martes 1 de setembro. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.
O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.
O goberno municipal mantivo unha reunión esta semana con distintas personalidades coa intención de traballar conxuntamente na posta en valor e recuperación do entorno da ermida de San Vicente, situada no lugar de Marzán. Á reunión acudiu a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, xunto cos concelleiros Carlos Villanueva, Ramón Fernández e a técnica forestal como representación do Concello.
Esta semana foi adxudicado o contrato para a urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano do Rosal, estando previsto o inicio das mesmas para a próxima semana. Este aparcamento foi creado no pasado mandato para desconxestionar o volume de coches que habitualmente aparcan na Praza do Calvario. Debido a cuestión técnicas no acondicionamento inicial do aparcamento, pavimentado con saburra, este non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen que iso xerase un prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao mesmo.
Este xoves 13 de agosto a veciñanza do Rosal terá a oportunidade de desfrutar da actuación do Circo Chosco, un espectáculo circense pensado para todos os públicos pero que sen dúbida fará as delicias dos máis cativos e cativas. A actuación está encadrada dentro da programación cultural do Concello do Rosal para o verán e terá lugar ás 20.00 horas no torreiro de San Xián. A entrada será de balde ata completar o aforo e terá unha duración de 45 minutos.
O Concello do Rosal deu esta semana o primeiro paso dun plan estratéxico que procurará camiñar cara un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Trátase da adxudicación dun contrato para a redacción dunha auditoría enerxética co que coñecer o estado actual do municipio, tanto no consumo da iluminación pública exterior coma no conxunto das instalacións municipais, co obxectivo de establecer un conxunto de reformas e melloras encamiñadas a facer un uso racional da enerxía.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.