Martes, 13 Maio de 2025

O Rosal

A Deputación da luz verde ao convenio co Concello do Rosal para iniciar o proxecto de mobilidade sostible Tabagón-Goián

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo luns o convenio co concello do Rosal que supón o arranque do esperado proxecto de mobilidade segura e peonil na EP 3303 entre Tabagón e Goián (Tomiño). Trátase dun investimento fundamental para o Baixo Miño, baixo a filosofía de recuperar os espazos para as persoas, e que se traducirá na reconversión integral desta estrada, contribuíndo a fomentar a vida rural e mellorar as súas posibilidades de comunicación dun xeito sostible, potenciando unha alternativa ao vehículo privado que é a bicicleta.

O Concello do Rosal consegue unha subvención de case 48.000€ para o fomento da compostaxe in situ

O Rosal segue a dar pasos para aumentar os niveis de reciclaxe actuais e acadar as taxas establecidas na normativa europea. O Concello vén de acadar unha subvención de case 48.000 euros para poñer en marcha un programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ.

O Rosal xa conta cun desfibrilador no Auditorio Municipal

O Concello do Rosal acaba de instalar un desfibrilador semiautomático externo (DESA) no Auditorio Municipal, un dispositivo financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais a entidades locais cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Novembro, mes da igualdade e da prevención da violencia de xénero no Rosal

O Rosal continuará revolucionando mentes este mes de novembro. O Concello ten preparada unha programación enfocada a traballar a igualdade e a previr a violencia de xénero, con actividades dirixidas a público de todas as idades.

A ‘Explanada do Horizonte’, que dota a Portocelo, no Rosal, dunha nova área de esparexemento, xa dispoñible para desfrute da veciñanza

A ‘Explanada do Horizonte’ xa está lista para o uso e desfrute da veciñanza. O Concello do Rosal xa recepcionou a obra finalizada dun proxecto de reforma integral e mellora paisaxística que permitiu dotar a Portecelo dunha nova área de esparexemento e acondicionar o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa ao longo do municipio. O acto de inauguración oficial desta nova zona de lecer deseñada pola arquitecta rosaleira María Fandiño celebrarase en vindeiras datas.

Concerto de Sés no Rosal este venres 13 de novembro, en vivo e en streaming

O Concello do Rosal aposta por unha cultura segura na que se priorice a saúde das persoas. Debido á actual situación epidemiolóxica, o Concello optou por reinventar e adaptar á nova realidade o concerto que a artista Sés dará este venres 13 de novembro no Auditorio Municipal (20:00 horas): será en vivo para un aforo reducido e vía streaming en aberto para o resto do público.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia o deterioro acelerado do servizo de atención primaria no municipio

A Plataforma para a defensa da Sanidade Pública do Rosal creouse para loitar contra o deterioro progresivo que desde hai anos está a sufrir o servizo de atención primaria no Rosal, consistente, entre outras eivas, na deficiente dotación de persoal sanitario, que se agravaba ao non cubrir o Sergas as vacacións do persoal ou as baixas médicas.

O Rosal agradece a colaboración e compromiso amosados pola delegada territorial da Xunta na súa visita ao municipio

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e membros do goberno local mantiveron esta mañá a primeira visita institucional coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, na que se expuxeron as peticións e demandas da veciñanza con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro garantiu a colaboración da Xunta co concello rosaleiro e comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico co Concello do Rosal.

Este domingo no Rosal atoparemos monstros no camiño

Unha historia para pasalo de medo. É o que propón Teatro Ghazafellos, que chegará este domingo 8 de novembro ao Auditorio Municipal do Rosal con ‘Monstros no Camiño’, unha divertida comedia para nenos e nenas a partir de 4 anos e para as súas familias. A obra será a partir das 18:00 horas e de balde, aínda que con aforo reducido.

A auditoría indica que o Rosal ten unha marxe de mellora do 55% no aforro enerxético

O Rosal continúa dando pasos cara un modelo de consumo enerxético municipal sostible. Esta semana o equipo redactor presentou á alcaldesa, aos concelleiros e a técnicos municipais os resultados da auditoría enerxética do concello, un estudo integral dos aspectos técnicos e económicos que afectan directa ou indirectamente ao consumo enerxético dos edificios municipais e da iluminación exterior.

O Rosal reducirá a taxa do lixo aos negocios que pecharon durante o estado de alarma

O Concello do Rosal celebrou este martes 3 de novembro un pleno extraordinario urxente para modificar a ordenanza municipal que regula as taxas de...

A xestión de biomasa e a creación de faixas de protección, claves do Plan Municipal de Prevención de Incendios do Rosal

Os técnicos do equipo redactor do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Rosal debullaron os pormenores deste documento nunha reunión mantida a semana pasada na que participaron a alcaldesa, varios concelleiros, a técnica forestal municipal e representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de O Rosal, As Eiras, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón.