Mércores, 14 Maio de 2025

O Rosal

Chega ao Rosal o xabaril máis famoso

O Xabarín Club arrasou nas tardes da TVG a finais do século pasado e ata deu nome á xeración de rapaces e rapazas que se achegaron a unha programación infantil e xuvenil en lingua galega.

A biblioteca municipal terá novos horarios durante os meses de decembro e xaneiro

A biblioteca municipal do Rosal modificará os seus horarios habituais para adaptarse aos festivos marcados no calendario durante os meses de decembro e xaneiro. Estes cambios comezarán este mesmo venres 4 de decembro, xornada na que as instalacións da biblioteca permanecerán pechadas ao público.

O Rosal, campo de batalla de ‘A guerra das Galicsias’

Aventura intergaláctica para dar a benvida ao Nadal no Rosal. Este venres 4 de decembro Títeres Cachirulo chega ao municipio cunha obra para toda a familia, ‘A Guerra das Galicsias’, unha divertida experiencia interplanetaria do século XXI inspirada nas aventuras galácticas do século XX e nas tradicións máxicas, astrolóxicas, culturais e gastronómicas galegas.

O Concello do Rosal restaura a Fonte de Marzán, datada do ano 1891

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de restauración da Fonte de Marzán, un lavadoiro histórico situado na zona coñecida como o Campo da Fonte e que está datado do ano 1891.

O Rosal inaugura o alumeado de Nadal este venres na Praza do Calvario

O Nadal inaugúrase no Rosal este mesmo venres 4. A Praza do Calvario será o escenario elixido para celebrar o acendido do alumeado ás 19:00 horas, un acto que agochará algunhas sorpresas das que a veciñanza poderá desfrutar durante todas estas datas.

O Rosal continúa dando pasos cara a reforma integral do seu mercado municipal

O Rosal continúa dando pasos para a mellora da praza de abastos. Este xoves o Concello aprobaba en pleno por unanimidade a nova ordenanza fiscal e reguladora do mercado, xa que “unha reforma integral do mercado municipal require tamén unha actualización e ordenación da situación a nivel de funcionamento que reverterá nun maior beneficio social”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Rosal aproba o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

O Concello do Rosal aprobará en pleno hoxe xoves 26 de novembro (08.30 h) o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que recolle unha serie de medidas concretas coas que dar un pulo decisivo na loita municipal contra o cambio climático e continuar traballando para reducir as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro no concello nun 40% de aquí ao ano 2030.

O Rosal levará a pleno a ordenanza que regulará o servizo de préstamo de biotrituradoras

O Rosal aprobará este xoves 26 de novembro en pleno o regulamento de préstamo de biotrituradoras, a normativa que rexerá un servizo que o Concello porá en marcha en vindeiras datas ao abeiro da subvención para o fomento da compostaxe in situ outorgada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O Rosal creará un espazo municipal de reparación, intercambio e reutilización de obxectos

O Concello do Rosal xa está a traballar na creación dun espazo para o intercambio, reparación e reutilización de obxectos, unha instalación municipal que terá como obxectivo axudar a alongar a vida útil dos bens materiais dos fogares, minimizando o impacto ambiental xerado ao tiralos e aumentando os niveis de reciclaxe. Para poñelo en marcha o Concello acaba de conseguir unha subvención de 30.000 euros para residuos de competencia municipal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Éxito rotundo do concerto en streaming de Sés no Rosal

Grande acollida do concerto da artista Sés o pasado venres no Rosal. A situación epidemiolóxica obrigou ao Concello a reinventar esta cita coa cantareira coruñesa, que finalmente se celebrou en vivo no Auditorio Municipal para un aforo reducido de persoas e vía streaming para o resto do público a través das redes sociais municipais e da canle de Youtube da cantante

O Concello saca a licitación as obras do ecoparque Campo Novo en Viso dos Eidos

O Concello do Rosal aprobou a pasada semana en Xunta de Goberno o inicio da licitación das obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico que hai nesa contorna. As empresas interesadas xa dispoñen de toda a documentación da licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público e terán ata o vindeiro 3 de decembro para presentar ofertas.

Parabéns para Lucinda, a persoa de maior idade do Rosal

O Concello do Rosal quere felicitar a Lucinda, a persoa de maior idade do municipio. Este luns Lucinda celebraba o seu aniversario rodeada da súa familia e soprando as 106 velas da tarta na súa casa en San Miguel de Tabagón.