Domingo, 14 Setembro de 2025

O Rosal

Novas achegas da Deputación para Mondariz-Balneario, Ponteareas, Gondomar, Mos, O Rosal e A Guarda

O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe recursos por 7 millóns de euros que chegarán a 23 concellos da provincia.

A II edición de ‘O Rosal Cámara Fest’ encherá de música todas as parroquias no mes de agosto

A música de cámara volverá a soar en cada recuncho de O Rosal durante este mes de agosto. O Concello e a Agrupación Musical do Rosal presentaron hoxe a II edición de ‘O Rosal Cámara Fest’, un festival que naceu o pasado verán e que este ano expándese con 12 concertos en cada unha das parroquias do municipio.

O Rosal homenaxea aos irmáns Flores

A Praza do Calvario acollerá o próximo domingo un concerto homenaxe a dous músicos emblemáticos de O Rosal, José e Emilio Flores Costas, os Irmáns Flores.

A música, protagonista das noites desta semana no Rosal

A programación cultural de verán en O Rosal céntrase esta semana na música. Portecelo acollerá a actuación de Radio Pesquera, a banda composta polos guitarristas Pablo Novoa e Nono García que tocará o próximo xoves ás 21.30 horas, mentres que o sábado ás 22.00 horas será a quenda da Banda da Sociedade Atlántida de Mátama na Praza do Calvario.

O Rosal, A Guarda e Tomiño solicitarán ao Goberno o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández; a tenente de alcalde da Guarda, Montserrat Magallanes, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acordaron, tras unha reunión coas comunidades de montes dos tres municipios, esixir ao Goberno de España as modificacións lexislativas necesarias para o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa por parte do Estado.

As alcaldesas do Rosal e Tomiño apoian aos traballadores de IKF, en folga dende hai dúas semanas

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a de Tomiño, Sandra González, reuníronse este luns cos traballadores e traballadoras de Imerys Kiln Forniture (IKF), unha empresa histórica na comarca do Baixo Miño dedicada á fabricación de materiais refractarios.

O Mercado do Rosal apúntase ás novas tecnoloxías e estrea páxina web

O Rosal ten un mercado municipal do século XXI, tamén na súa forma de comunicarse coa veciñanza. O mercado estrea páxina web cun deseño atractivo, limpo e intuitivo que permitirá á veciñanza estar informados de todo o que acontece na praza de abastos. Na web dáse prioridade á imaxe das renovadas instalacións e a os cinco postos que nestes intres están a desenvolver a súa actividade económica no recinto.

‘Cocreando Sociedade’ comeza a dar forma a novas iniciativas para un O Rosal máis inclusivo

‘Cocreando Sociedade’ avanza a bo ritmo e xa está a dar forma a novas iniciativas que permitan facer do Rosal un municipio máis inclusivo.

O Rosal denuncia a imposibilidade de pedir cita médica, un novo paso no desmantelamento do servizo de Atención Primaria

O Rosal continúa a denunciar novos pasos que afondan na precariedade que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio, que sufre un progresivo desmantelamento dende hai tempo agravado dende o inicio da actual situación sanitaria. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública asegura que nestes intres é imposible pedir cita médica para acudir ao centro de saúde rosaleiro, xa que Sergas e Xunta non están a substituír ao persoal de baixa ou de vacacións.

O Concello do Rosal remata as obras de mellora nun tramo da estrada do Camiño do Río nas Eiras

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de mellora do asfaltado e do firme dun tramo do Camiño do Río, en San Bartolomeu das Eiras, unha estrada que comunica a zona da ribeira entre Eiras e Tabagón e dá acceso á propia praia das Eiras.

A maxia de Leilía e o son tradicional dos Carunchos, este sábado 24 no Rosal

A axenda cultural de verán regresa esta fin de semana ao Rosal cunha cita dobre. Este sábado 24 de xullo a Praza do Calvario acollerá dous concertos nos que a maxia e a música tradicional camiñarán da man.

A unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o vindeiro xoves 22 de xullo

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello do Rosal este mes de xullo. O vindeiro xoves 22 un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.