Mércores, 7 Maio de 2025

O Rosal

Brais das Hortas é a terceira cita de ‘O Rosal Cámara Fest’

Este mércores, a praza rosaleira de Novás será o epicentro de dúas citas importantes dentro da Axenda Cultural de Verán do Rosal.

Novos recursos do Plan Concellos para Covelo, O Porriño e O Rosal

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos para tres municipios da provincia, Covelo, O Porriño e O Rosal, cun investimento total de 434.041 euros.

O Rosal senta as bases da igualdade a través dunha xincana infantil

Durante o mes de xullo, o Concello do Rosal realizou con preto de 100 nenos de diferentes campamentos do Rosal, unha xincana pola igualdade.

A Casa Consistorial do Rosal conta xa coa súa caldeira de biomasa

O Rosal camiña con paso firme cara á sostibilidade. O Concello vén de recepcionar as obras de instalación da caldeira de biomasa para a produción de calefacción mediante combustible de pellet de madeira na Casa Consistorial.

‘Memoria viva’, as historias do Rosal que non se atopan nos libros

Atesourar e conservar as lembranzas que contan a historia do Rosal pero que non aparecen nos libros, pero que as persoas maiores gardan con moito agarimo. Ese é o obxectivo do proxecto Memoria Viva, que onte presentou nun emotivo acto no auditorio municipal a súa segunda edición con dous novos protagonistas: Carmen Piedra, con toda unha vida vinculada á música, e Isaac Penela, crego no Rosal dende hai máis de 50 anos.

O Rosal recupera o encontro social cunha nova edición do Festival Xente Xida

Concello e Asociación Cultural Xida recuperan o encontro social no Rosal despois de máis de dous anos de crise sanitaria cunha nova edición do Festival Xente Xida, unha festa con raíces para todas as idades e públicos coa mellor música e gastronomía.

Cita co xadrez no Rosal o vindeiro 24 de xullo

O Concello colabora co Clube Xadrez Albatros da Guarda na organización o vindeiro domingo 24 de do III Torneo de Xadrez Concello do Rosal, unha cita indispensable para todas e todos os apaixonados deste deporte.

Diversidade e calidade na axenda cultural para este verán no Rosal

O verán chega ao Rosal cunha morea de actividades de alta calidade e moi diversas para achegar a cultura, a música e o lecer a todos os públicos e todo o municipio.

Concello do Rosal e UD Ribera falan de proxectos de presente e futuro ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’

O Concello continúa construíndo O Rosal do futuro coa colaboración do tecido asociativo do municipio. Ao abeiro do programa ‘A veciñanza conta’, alcaldesa e directiva da UD Ribera mantiveron estes días un encontro no que abordaron proxectos de presente e de futuro do club, como a reforma do campo de fútbol da Mata “para convertelo nunhas instalacións plenamente inclusivas a medio prazo.

O Rosalinicia co Acanor Novás Valinox un novo ciclo de reunións do programa ‘A veciñanza conta’

Para o Concello é fundamental a participación cidadá para construír entre todos e todas O Rosal do futuro. Estes días, o Concello deu comezo a unha nova edición do programa ‘A veciñanza conta’ cun encontro coa directiva do Acanor Novás Valinox.

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro 4 de xullo

O Rosal recibe este mes de xullo unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 4 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

O Rosal acolle o VIII Concerto Coral Ecos do Verán

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo 26 de xuño ás 20:00 h o VIII Concerto Coral Ecos do Verán organizado polo Coro rosaleiro “Ecos do Folón”, que amenizará a velada con este repertorio.