Este sábado día 14 de setembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda retoma as sesións de Contos Contados cun contacontos sobre igualdade e diversidade a cargo de Bego Bras, que terá lugar ás 11:30 h da mañá.
A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño dá Costa vivirá o próximo día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com, ou directamente dende esta ligazón, pódense formalizar os datos para tomar parte na competición. O percorrido, co mar como gran protagonista, é un dos grandes alicientes.
A partires desta fin de semana (15 de setembro) o Concello da Guarda modificará os horarios do Museo do Mar e, ao mesmo tempo, realizarase o peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz. En canto á zona de parque público do Castelo de Santa Cruz permanecerá aberta durante o mes de setembro en horario de 10:00 h a 20:00 h e a partires do mes de outubro de 10:00 h a 19:00 h.
O
vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior
número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do
Atlántico, que este ano...
A Asociación Cultural O Percamino da Gándara organiza un ano máis as Festas das Mercedes, cunha ampla programación que arranca xa este sábado día 14 de setembro con música, actividades deportivas, verbena, gastronomía e moito máis.
A Omix da Guarda vén de abrir o prazo de inscrición para os cursos de Ximnasia Sénior e Pilates que terán comezo no vindeiro mes de outubro. As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición, ata esgotar as prazas, no teléfono 986 61 0000 ext. 7 ou no enderezo electrónico [email protected]
A Garda Civil reforzará a súa presenza nas quendas nocturnas na Guarda, segundo lle confirmou na mañá de hoxe o subtenente do posto guardés, Eulogio Rivas, ao tenente de alcalde, Anxo Baz, no decurso da reunión que mantiveron para tratar temas relativos á seguridade cidadá.
Mañá martes día 10 de setembro de 2019 o tenente de alcalde do Concello da Guarda, Anxo Baz, manterá unha reunión co subtenente do Posto da Guarda Civil da Guarda, Elogio Rivas, para entre outros temas, tratar o recente incremento de furtos en establecementos comerciais na vila.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que o próximo día luns 9 de setembro 2019 a Escola Infantil Municipal abre un proceso extraordinario para cubrir 2 prazas vacante a media xornada de tarde na aula de 0-1 anos de idade.
O pasado mércores o tenente de alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima.
A Omix da Guarda organiza para os meses de outubro e novembro novas actividades nas que se inclúen un Obradoiro de Cociña Verde e Superalimentos e unha Xornada de Micoloxía.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.