Xoves, 3 Xullo de 2025

A Guarda

O Concello da Guarda felicita ao Sporting Guardés polo seu ascenso a Preferente Sur

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, ven de facer pública a súa felicitación ao club Sporting Guardés polo recente ascenso á categoría Preferente Sur. A concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, salientou "o esforzo e traballo realizado por toda a entidade".

O domingo 26 de xullo, celebrarase o ‘Mercadillo Solidario de Conrazones’

Este domingo, 26 de xullo, terá lugar na Alameda da Guarda o "Mercadillo Solidario de Conrazones", de 9:00 h a 20:00 horas.

A Guarda acolle o 1 de agosto unha actividade de Orientación

O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello da Guarda. Esta actividade, dirixida por Xesta Natureza, levará aos participantes polo casco urbano da Guarda, contribuíndo ao coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e arquitectónico pero tamén desvelará recunchos singulares.

A Guarda continúa a embelecer con murais pintados diferentes espazos públicos do municipio

A pasada semana comezou o novo pintado do muro da praia de Fedorento dentro do proxecto “Recunchos con Arte”, unha iniciativa na que se teñen xa realizado outras actuacións no Conservatorio Municipal ou no pintado do Espigón do Porto con “A Guarda escrita nas Estrelas”. Esta proposta é unha das intervencións artísticas que se van realizar este ano e que debido a situación de emerxencia houbo que ir atrasando.

Suspéndese o mercadillo semanal deste sábado pola festividade do Día de Galicia

O Concello da Guarda informa da suspensión do mercadillo dos sábados do vindeiro día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.

O alcalde da Guarda entrega á Consellería o anteproxecto da senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de remitir unha misiva á Conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que se adxunta o anteproxecto da Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega da Guarda, encargado dende o propio consistorio ante a necesidade deste vial, que permita unha circulación segura de vehículos motorizados, bicicletas e peóns.

A Guarda acolle o 26 de xullo un encontro de Ioga ao aire libre

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, un encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 26 de xullo ás 10:30h.

O Concello da Guarda felicita ao Clube de Xadrez Albatros polo ascenso á primeira división autonómica

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes que dirixe Montserrat Magallanes, quere facer un recoñecemento público ao Clube de Xadréz Albatros por ter acadado un importante logro deportivo como é o ter logrado o ascenso á Primeira división autonómica.

O Concello da Guarda informa do prazo de consulta pública do Rexistro Municipal de Asociacións

O Concello da Guarda informa dos prazos para a consulta pública na que se solicitará a opinión dos suxeitos e as organizacións mais representativas afectados pola futura norma, con carácter previo á aprobación do Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Guarda.

O xornalista Javier Peña presenta na Guarda a súa ‘opera prima’ «Infelices»

A librería Atlántica da Guarda acollerá, o vindeiro sábado 18 de xullo ás 12:30 horas, a presentación de 'Infelices' primeira novela do xornalista Javier Peña (A Coruña, 1979), un acto que ten para o autor “un especial significado” pola estreita vinculación que mantén coa Guarda.

A Guarda abre as inscricións para a obra de teatro infantil ‘Lázaro de Tormes’

O vindeiro sábado día 18 de xullo o Auditorio de San Benito será o escenario da representación teatral de 'Lázaro de Tormes', unha actividade destinada principalmente para nenos e nenas e que terá lugar ás 20:00 h.

Verán cargado de actividades para todas as idades na Guarda

O Concello da Guarda ven de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que estarán a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.