Xoves, 3 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda da coñecer esta semana o Plan de Compostaxe con dúas charlas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, da a coñecer esta semana o Plan de Compostaxe Municipal á cidadanía guardesa con dúas charlas, que terán lugar o mércores día 18 de novembro ás 17:00 h no local da Entidade Local Menor de Camposancos e o xoves día 19 de novembro ás 10:00 h no Salón de Plenos do Concello da Guarda.

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal

O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente. A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias instalando as casetas durante a campaña de nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación de Nadal ata o 5 de xaneiro.

A Guarda inicia as obras de mellora da rúa Calvario

O pasado mércores día 4 de novembro iniciáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73, traballos que contan cun orzamento total 121.951,87 € (IVE incluído) con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras teñen un prazo de execución duns 45 días, alternando o seu uso cando sexa posible, polo que o Concello pide a máxima comprensión por parte da veciñanza desta rúa.

Toma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda

No pleno extraordinario urxente celebrado na xornada do pasado xoves día 5 de novembro de 2020 tomou posesión coma concelleiro da corporación municipal Rafa Álvarez, incorporándose ao Grupo Municipal Socialista e ao equipo de goberno municipal.

A praia do Muíño xa conta con novos módulos de servizos e socorrismo

O Concello da Guarda ven de rematar recentemente a instalación dos novos módulos para socorrismo e baños adaptados na Praia do Muíño, unhas instalacións que veñen a completar as obras feitas coa mellora da accesibilidade a este espazo natural de gran afluencia de visitantes na tempada estival.

O Concello da Guarda aproba a redución nun 25% da taxa de lixo ás actividades que estiveron pechadas por mor do estado de alarma

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, amosaba no día de onte a súa satisfacción por ter acadado o acordo unánime da corporación municipal na proposta de alcaldía en relación coa redución nun 25% da taxa de lixo para aqueles autónomos e actividades económicas que estiveron pechadas durante o Estado de Alarma.

Plan de Compostaxe do Concello da Guarda

A recente actualización da lexislación en materia de residuos tanto a nivel europeo como estatal establece normas específicas acerca da xestión de biorresiduos, termo que fai referencia aos residuos biodegradables de parques e xardíns, residuos alimentarios e de cociña e residuos comparables procedentes de plantas de transformación de alimentos.

A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante da complicada situación sanitaria na localidade

Dende fai uns días A Guarda atópase no nivel tres de infeccións por COVID-19, o nivel de alerta máximo que contempla a Xunta de Galicia na súa valoración. O Goberno local, que preside Antonio Lomba, vén de amosar a súa preocupación xa que, dende a declaración deste nivel de alerta "a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 60 casos". Esta é unha situación moi preocupante Goberno local que ve como, día a día, aumentan os contaxios de forma descontrolada.

Horario de inverno no Punto Limpo da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo, coincidindo co cambio ao horario de inverno.

O concerto de ‘Quinta Corda’ en sesión vermú pecha a programación de outubro na Guarda

O vindeiro sábado día 31 de outubro, ás 12:30 horas, o Concello da Guarda pon o broche final á programación de outubro cun música en directo en sesión vermú na Praza do Reló a cargo do grupo centroeuropeo, residente en Oporto, 'Quinta Corda'.

O Concello da Guarda informa á cidadanía sobre as medidas de prevención relacionadas coa situación sanitaria

Vistos os últimos documentos publicados polas administracións en relación coas medidas pola situación sanitaria, o concello da Guarda fai un resumo daquelas medidas de obrigado cumprimento e recomendacións extraídas deses documentos e facendo especial fincapé nunha data especial, como a do 1 de novembro, festividade de Todos os Santos.

‘Violencia Zero’ leva á Guarda a poesía e a música de ‘Lúa Mosquetera’ na procura de actitude e cambio ante a violencia machista

A poesía feminista de Lúa Mosquetera sonou esta tarde con toda a súa forza no concello da Guarda como unha chamada á reflexión e ao cambio fronte a violencias machistas na nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'. A proposta da artista tivo como escenario o campo de fútbol da Sangriña, coa asistencia de alumnas e alumnos e profesorado do IES do mesmo nome, amais da deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.