Este pasado venres presentouse, nas instalacións da empresa Celtamotor –patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo–, a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.
O Centro Cultural da Guarda acolle o vindeiro sábado día 26 de xuño a actividade de animación á lectura 'Daniela Pirata e as mozas pirata', por Donde Viven los Cuentos. A actividade, organizada dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda, terá lugar o sábado 26 de xuño ás 12:00 horas no salón de actos do Centro Cultural e require dunha inscrición previa no enderezo electrónico [email protected].
A auga é un recurso moi valioso que non é ilimitado. Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes e por iso, dende o Concello da Guarda, veñen de apelar á cidadanía a facer un consumo responsable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas.
A deputada socialista Leticia Gallego censura que a Xunta rexeite executar o acceso sur ao porto da Guarda cando “é unha infraestrutura fundamental para o futuro” da vila. Fíxoo, onte, logo de que a Dirección Xeral se posicionase ao respecto ante unha pregunta do Grupo Socialista na Comisión de Infraestruturas do Parlamento.
A Vespa velutina, é unha especie procedente de Asia catalogada en España como especie invasora. Trátase dunha especie que pode ocasionar danos na apicultura, na agricultura e no medio ambiente xa que ataca ás colmeas matando ás abellas melíferas e provocando o descenso da poboación das especies polinizadoras, moi importantes para a produción agrícola.
Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda avalia de xeito positivo o reforzo do Centro de Saúde con 3 novos facultativos, co que pasarán a ter 6 dos 8 que corresponden.
O Concello da Guarda pecha este sábado o ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.
O Concello da Guarda vai a promover este verán a formación para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).
O domingo 20 de xuño, no Castelo de Santa Cruz ás 10.30 h da mañá, o Centro Awen Yoga celebrará o Día internacional do Ioga coa colaboración do Concello da Guarda, esta sería a súa terceira edición neste fermoso enclave natural.
Persoas emprendedoras, empresas, comunidades de montes, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais do territorio do GDR 14 presentaron 25 proxectos á convocatoria de axudas da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
Desde o inicio da pandemia o Concello leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise. Ademais da última liña de axudas da que se iniciou este mesmo luns o período de solicitude, tamén se atopan moitas outras medidas que tiveron como obxectivo axudar a paliar os efectos da COVID nas actividades económicas da vila.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.