Luns, 7 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda e Caminha acollen o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho

Esta semana celébrase o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita: novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento poderán atopar.

A Guarda reforza a súa oferta de deportes de praia e petanca reformando a área deportiva do Codesal co apoio da Deputación

Transformar unha instalación deportiva infrautilizada e dedicada anteriormente ao fútbol nun complexo lúdico vinculado aos deportes de verán e á integración social foi o obxecto das obras acometidas polo Concello da Guarda co apoio da Deputación. O antigo campo do Codesal, na parroquia de Camposancos, é agora un complexo dedicado á práctica do volei-praia, balonmán-praia e fútbol praia, que inclúe, ademais, 16 canchas específicas para o xogo da petanca.

Francisco Carrero, o avó de Camposancos, celebrou o seu 105 aniversario

O veciño da Guarda Francisco Carrera Carrera celebrou hoxe día 13 de agosto un día moi especial, o seu 105º aniversario. Un dos veciños máis lonxevos da vila festexou a destacada data do seu 105 aniversario na compaña da súa familia.

O transbordador entre A Guarda e Caminha volve a prestar servizo dende onte pero só para pasaxeiros e bicicletas

O Ferry-Boat que comunica A Guarda con Caminha (Portugal) retoma na tarde deste venres día 13 de agosto o seu funcionamento despois de que no pasado día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectase un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de Portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura e que motivou ao peche desta infraestrutura e á interrupción do servizo.

Portos de Galicia mantén pechado o peirao do ferri A Guarda-Caminha dende o día 27 de xuño

O día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectou un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador entre A Guarda e Camiña, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura.

“Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana

A programación do verán continúa na Guarda na vindeira semana con “Estamos no Verán”, actividades deseñadas para o público infantil e que terán lugar no Auditorio de San Benito.

Música nos Xardíns volve ao Centro Cultural da Guarda

Este venres, 6 de agosto, dará comezo a edición 2021 de Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna e que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán bandas ben coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charráns, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.

A Guarda suspende as celebracións tradicionais das Festas do Monte da Guarda debido á incidencia da crise sanitaria no municipio

A Subdelegación do Goberno vén de informar dos criterios de actuación e colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil durante as Festas do Monte de A Guarda, tras a celebración dunha Xunta Local de Seguridade na que participaron representantes da corporación municipal, da policía local, da Garda Civil e da propia Subdelegación do Goberno co obxectivo de establecer os criterios de seguridade durante esta semana festiva.

A Deputación contratará un novo estudo para buscar alternativas ao actual transbordador entre A Guarda e Caminha

A Deputación de Pontevedra vai contratar un estudo para reforzar as conexións transfronteirizas no Miño entre A Guarda e Caminha co obxectivo de poñer enriba da mesa alternativas ao actual transbordador e mellorar a mobilidade entre ambas vilas.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de agosto

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 6 en horario de 10:00 ás 14:00 horas e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 7 de 10:00h ás 15:00 horas.

A Guarda acolle este sábado un espectáculo de baile e música da Man de “O Fiadeiro”

Este sábado día 7 de agosto o Auditorio de San Benito da Guarda será o escenario dun espectáculo de Baile e Música a cargo de “O Fiadeiro” e que terá inicio ás 20:30h da tarde.

PP e Converxencia Galega votan en contra dunha subvención de 600.000 € para o pavillón da Sangriña na Guarda

No pleno celebrado o venres no concello da Guarda un dos puntos da Orde do Día era a aprobación do Proxecto de execución de reforma e ampliación do pavillón polideportivo da Sangriña, cun orzamento de 1.674.024 € e cuxa aprobación plenaria era requisito fundamental para presentalo a liña de subvencións ReacPon (Reacciona Pontevedra Provincia) da Deputación de Pontevedra.